sábado, 20 de abril de 2019

Festival 2019

O pasado seis de abril celebrouse  no centro o xa máis que mítico Festival do CEIP Santa María do Valadouro.
Un festival que naceu xa hai máis de 30 anos co propósito de que ningún neno quede sen excursión por falta de recursos.
Un festival no que tanto nenos/ as, como mestres e familias se implican ano tras ano para dar i mellor de cada un.






miércoles, 10 de abril de 2019

Día da poesía

A poesía entrou no noso colexio timidamente como apareceu a primavera en Ferreira.

Unha fada cubriu o seu vestido de pequenas flores literarias que coa chegada do día do libro viaxarán ás librerías do pobo.


lunes, 18 de marzo de 2019

Semana da prensa e a comunicación

Con motivo da Semana da Prensa e da comunicación todo o centro traballou os medios de comunicación. As seccións dun periódico, redacción de noticias, a imaxe... Dende as aulas de infantil tamén se sumaron a esta actividade que resultou tan atractiva.





 Como peche final á semana da prensa e a comunicación, asistimos a un programa de radio, RADIO BULE BULE onde desfrutamos bailando con Paco Nogueiras

domingo, 10 de marzo de 2019

Día da muller traballadora


Contar coa colaboración dun artista como Pepe Blanco é unha sorte.
Nesta ocasión con motivo da muller traballadora tivemos un taller de deseño de carteis.



Trala clase maxistral decidimos lanzarnos ao deseño dos nosos carteis en pro da igualdade.
Dende as aulas de infantil impulsou se un mural moi especial, AS MULLERES DA MIÑA VIDA
 A parte, exploramos e investigamos sobre a vida de varias mulleres galegas relevantes dos nosos días, o tendal encheuse de loitadoras.

Un xeito diferente de celebrar o antroido

Este ano como o ano pasado decidimos acercarnos à celebración doAntroido noutros lugares de Galicia, e se o ano pasado profundizamos nos comunicaremos madres e nas comadres, este ano viaxamos a Laza para coñecer os peliqueiros.
Ao finalizar as actividades fixemos unha exposición de màscaras peliqueiras, a partir  da máscara  que Pepe Blanco deseñou basándose na paisaxe do Valadouro(artista local deseñador de pezas de Sargadelos).

Os pais e nais tamén colaboraron de forma entusiasmada aportando fotografías do Antroido no Valadouro en diferentes épocas.

Esto a parte do xa clàsico festival de Antroido.

lunes, 25 de febrero de 2019

Día de Rosalía

O venres 22 celebramos o día de Rosalía.
Para tal celebración preparamos unha serie de actividades dende a biblioteca nas cales o alumnado foi o principal protagonista.

Elixiron un poema para ilustrar despois de escoitar varios poemas interpretados por diversos artistas galegos: Astarot,  Ser, Amancio Prada, Carlos Núñez.

Outro grupo decidiu non so ilustrar un poema se non tamén darlle vida á través dun kamishibai.









Outras dúas nenas interesaronse máis pola vida da artista e en colaboración co profesorado elaboraron un power point que ilustrar a súa vida.

Rematamos o día cunha alborada que adicamos a Rosalía tras dar lectura á alborada que ela escribiu.

A nivel de centro todos os nenos ao finalizar o día levaron un marcapáxinas rosaliano e unha pegatina que o equipo de biblioteca deseñou.



jueves, 31 de enero de 2019

Celebramos o día da paz

Aínda que o día 30 celebramos o día da paz, os días previos tivemos diversas actividades na biblioteca.

Unha persoaxe misteriosa visitou o cole, deixándonos pistas para adiviñar quen era, resultou ser Malala e Carmen gañou un fantástico premio por acertalo, aínda que todos os participantes tivemos un premio
..




Como Malala foi a figura en torno á que xirou o día da paz, debuxamos e escribimos que desexaríamos pintar cos nosos lápices máxicos.

 
Tamén dende a biblioteca impulsamos a decoración do centro para o lip-dub que ese día gravamos.






Pero non acaba aquì o día da paz, queda moito máis estamos preparando un novo xogo escprnabótico coa vida de Malala