venres, 10 de novembro de 2017

Celebrando o Magosto e o Samaín



 O pasado día 31 de outubro celebramos no centro Magosto e o Samaín.
Dende a biblioteca escolar a parte de ofrecer aos alumnos unha serie de exemplares terroríficos para a súa lectura, fixemos un concurso consistente en realizar monstros terroríficos.


 Por outro lado os alumnos de sexto ofrecéronnos unha fantástica obriña de títeres sobre un conto coñecido por todos como Corre Corre Cabaciña.


Á par, o alumnado de infantil que este trimestre está a traballar os seres mitolóxicos galegos contáronlles aos maiores algúns aspectos destes seres fantásticos da nosa tradición, ofrecéndonos ademáis unha exposición de láminas de Xosé  Blanco que eles pintaron.




mércores, 25 de outubro de 2017

Proxecto maker...

Hoxe iniciamos cos nenos de sexto curso unha actividade impulsada dende a biblioteca.
Aproveitando a data na que estamos coa proximidade do Samaín decidimos realizar unha man biónica que será a desculpa perfecta para despois elaborar un relato de medo cunha personaxe terrorífica  de mans biónicas... Pero non rematará aí o xogo... despois deberán relatar este conto ante un esixente público ... serán capaces???

A actividade iniciámola na aula de sexto aínda que se rematou na propia biblioteca durante os recreos de mediodía.

MATERIAIS EMPREGADOS

- Pallas de refresco.
- Celo
- Cordón algo fino para poder pasalo por dentro das pallas.
- Tesoiras
- Rotulador permanente.

Paso 1: unimos catro pallas pola parte que levaríamos á boca no caso de empregalas co seu uso habitual.



Paso 2: a quinta palla unímola despois pero non irá recta, irá diagonal tal que así

Feito este paso abriremos as pallas como se fora unha man. Pista, a palla que colocamos en diagonal corresponde ao dedo meñique. 
Agora colocamos a man biónica sobre a nosa man e coa axuda dun compañeiro sinalamos co rotulador permanente na man biónica por onde doblan os nosos dedos e onde rematan. Cortando o cacho que nos sobra de dedo nas pallas.

Paso 3:doblamos as palliñas por onde marcamos a dobleces dos nosos dedos e cortamos unha esquiniña de xeito q nos quede un buratiño semicircular.

Paso 4: cortamos cinco anacos de cordón para introducilo dentro de cada unha das pallas. Para evitar que o cordón escape ao tirar faremos un pequeno corte na parte de arriba da palla e un no no cordón de xeito que ao tirar polo cordón pola parte de baixo a palla doble como un dos nosos dedos. 

E con isto en teoría rematamos. O próximo día empregaremolo para subsanar pequenos fallos como q un dedo nos doble ao revés ou cara o lado.

Agora queda o dificil... 
UNHA HISTORIA TERRORÍFICA...



martes, 24 de outubro de 2017

PROXECTO ESCORNABOT

a primeira actividade realizada no centro co escornabot iniciouse no terceiro trimestre na aula de cinco anos. Por uns pequenos problemas técnicos tivemos que rediseñar o taboeiro pero con tal de poder empregar este novo ¨trebello¨ non nos importou repetir.

24 outubro día internacional das bibliotecas.

Hoxe celebramos o día especial de toda biblioteca, e que mellor forma de celebrar hai no mundo que ir escoitar un conto especial á biblioteca?

luns, 9 de outubro de 2017

Jorge e María puxeronlle música ao libro "Fantasía coas palabras"

O día 29 de setembro fomos todos á casa da cultura. Alí desfrutamos da música que daba son a poemas do libro "Fantasía coas palabras" .
Mirade mirade que atentos estivemos!!!


TALLER DE DOBRAXE

O día 22 de setembro tivemos a sorte de poder participar nun taller de dobraxe. Aquí unhas imaxes desta actividade.

martes, 27 de xuño de 2017

Proxecto Escornabot

Este ano o colexio CEIP Santa María do Valadouro foi un dos seleccionados co proxecto escornabot. Nestes últimos días de xuño o profesorado aproveitou para ir montando os escornabots de cara a ter unha base e poder explicarlle aos nosos alumnos o vindeiro curso cómo ser os creadores dun robot.
aquí vos deixamos o enlace cos pasos a seguir.


https://drive.google.com/open?id=0B6ypfzV7xO7DTVFVTVZabWU1QVE