domingo, 25 de marzo de 2018

Día da muller traballadora

Celebramos este día tan importante traballando un conto "Iriña bailarina" un conto que profundiza na ruptura dos roles convencionais.

venres, 23 de marzo de 2018

Día da arbore

Con motivo do día da árbore este ano traballaronse dous contos en Educación infantil "A auga o dragón e o salgueiro" e en Educación primaria " A invención do Salgueiro"


Para rematar este día plantamos un salgueiro no patio.

Días despois nunha saída didáctica os nenos de segundo atoparon un salgueiro no seu percorrido e non dubidaron en sacar unha foto con el


Día de Rosalía

Con motivo do día de Rosalía fixeronse unha serie de actos no centro para conmemorar este día.
Os alumnos de catro anos fixeron un colage
 Coa retrato de Rosalía
A nivel xeral entre todo o colexio fixemos un puzzle co retrato da escritora. Cada curso coloreou a súa peza do puzzle d6o xeito que quixo compoñéndose o seu retrato na entrada ao centro. 

Por outro lado cada curso elexiu un poema para recitar ese día. A parte escribírono en formato A3  e ilustrárono para formar un libro. 









Deste libro, fixéronse a copias a color e repartíronse polos bares do pobo que nese fin de semana fixeron unha serie de actos conmemorativos


Outras actividades conmemorativas