mércores, 27 de novembro de 2019

XA ABONDA DE TANTA VIOLENCIA

 
Conmemoración das que por desgracia, se están facendo moi necesarias e comúns para reivindicar o cambio na sociedade e na forma de comportarnos entre persoas. Non podemos deixar a ocasión para manifestas que estas condutas non poden ser normativizadas, non se poden deixar pasar, non deben quedar sen castigo e sobre todo que poidamos reflexionar sobre que nos leva a ser violentos e a cometer erros tan graves entre iguais.

O alumnado de 6º e 5º de Primaria  leu un manifesto en contra da violencia, centrándose no que pode acontecer nos seus rangos de idade, en problemas entre nenos e nenas, nas actuacións desmedidas ante a rabia e valorar que nos leva a agredir física ou verbalmente a compañeir@s.


Despois cantamos nos corredores do centro a canción de Rozalem, "la puerta violeta" acompañados pola guitarra do mestre de música. Emocionad@s despedim@s  este día coa idae de facer extensible esta celebración.





Ó día seguinte, fomos convidados polo Concello a un teatro sobre a igualdade de nenos e nenas, polo que o centro con todo o seu alumnado estivo presente nas historias dos contos superclásicos adaptados ou modificados en favor de que todos somos iguais.





Durante esta semana do 25 tivemos no centro unha sexóloga que foi curso por curso de Primaria, impartindo charlas adaptadas a súa idade e preparando aos rapaces/zas para enfrontarse a súa sexoloxía.
Para os pais e nais, estas charlas serán o luns 2 de decembro de 16:00 a 18:00 na casa da Cultura. Moi didácticas e amenas.

DEREITOS D@ NEN@


O alumnado de Infantil reuniuse en varias ocasións durante a semana do 20 de novembro para celebrar este día dos dereitas de nenos e nenas.
Agrupados na aula de 3 e previa distribución  de tarefas para cadas curso, xuntáronse o mércores 20 para aunar forzas e deixar constancia dos seus dereitos como nen@s, colocando arredor do planeta Terras fotos da diversidade poboacional, porén expresan que eles están presentes alí onde sexa e como sexan para aportar felicidade e moitas lecións morais





mércores, 13 de novembro de 2019

Magosto e Samaín no Valadouro

Aprazando a xornada de Samaín, (30 de outubro) para facela coincidir co Magosto, agardamos ata o venres 8 de novembro para facer unha gran festa durante todo o día con numerosas actividades no CEIP  Pulrilingüe Santa María do Valadouro.

A comezos da semana, en Infantil foron argallando actividades para ir introducindo ao alumnado nas diferentes actividades que xiran arredor do Samaín e Magosto: comidas con formas terroríficas, pócimas, decoración de magosto, cucuruchos de castañas e ....


Xa desde ben iniciada a mañán, tódolos cursos e seguindo unha quenda foron quen de pasar polos corredores do colexio e apreciar o traballo feito dos distindos cursos, das cabazas expostas, da decoración, da música de ambiente e do tenebroso que se poñia o ambiente.
Desde a entrada ata a biblio ata  foron pasando e vendo as súas creacións, dando color e aire festivo a este conmemoración anual, moi clásica nos centros educativos.




En Primaria e nos cursos que máis o demandaban o ambiente foise poñendo de máis e máis medo, tratando de contar historias sobre as bruxas e o que estas facían polos prados e leiras do Valadouro. Tal e como o alumnado foi contando na apócema da bruxa, algúns milagres sucedían nese treito e todo era posible gracias aos ingredientes introducidos na pota da bruxa.....




Cando chegaban  a biblio, alí parecía que estaban en lugar seguro, polo que tiñan seleccionados por niveis uns contos sobre o Samaín e para rematar unha canción que poñía a nota de alegría neste día.


Despois de comer, no polideportivo reuniómonos todos para celebrar con música, bailes, xogos e castañas esta festa tan ancestral e galega.  Para iso invitamos tamén as familias a que nos acompañasen  e xuntos puidemos pasar unha tarde de festa. 







mércores, 23 de outubro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Este ano, o 24 de outubro celébrase o santo de Lectorín, o noso padriño da biblioteca, polo tanto é a súa festividade e cremos que tamén a de outras bibliotecas escolares de Galicia. Foi así que argallamos unhas lecturas divertidas e unha presentación da nosa biblio, falmos de cales son os momentos para ir ler, canto está aberta, cales son as súas normas, etc.  
No Valadouro , adiantámonos un día a esta celebración, por mor da excursión que farán mañán algúns grupos e así estar tod@s ó completo.
Resultou unha xuntanza moi amena, onde estivo o alumnado moi atento e os contadores/as de contos moi dinámicos i expresivos. "Non quero ser un polbo" e "A que sabe a lúa"  para Infantil  e os Kamishibai de "O gato sol" e " Hans e a princesa"para Primaria foron as lecturas que escollemos.
Destacar o traballo do alumnado de 5º e 6º  que tamén fixo un vídeo coas normas sobre como usar a bibioteca para sacarlle un maior proveito.












venres, 11 de outubro de 2019

FEIRA DO MEL NO VALADOURO

En Ferreira do Valadouro destacan as grandes producións de mel. unha actividade que lles resulta moi coñecido ao noso alumnado. O 12 de outubro celébrase a FEIRA DO MEL, a cal unha enmarca numerosa oferta cultural. Proba diso foi o concurso de debuxos para o cartel que anuncia dita feira, polo que o alumnado do noso colexio participou e tamén resultou premiado por cursos pola súa colaboración.
Este venres 11 fomos ver unha exposición informativa do Consello Regulador de Mel de Galicia, cal é o seu traballo e como se elabora o proceso de mel. Probamos o material, coñecemos clases de abellas, canto viaxan, o que traballan, que tipo de mel fan segundo a súa alimentación...

De regalo, levamos un tarro de mel, un globo e un tríptico ...e a parte,  tamén trouxemos os premios de cada curso, estes foron para (ver fotos).




PAKO PAKOLAS

O pasado venres 13 de setembro fomos  convidados polo Concello a unha actuación de Pako Pakolas.  
Na súa xira de promoción do libro Pakolas,  o autor Paco Cerdeira e a ilustradora Laura Romero viaxaron ata a casa da cultura do Valadouro para contar as aventuras deste libro. En todo momento puidemos cantar e ver unha debuxante en vivo que ía ilustrando as historias musicais do contacontos. 
Divertido de ler e por suposto, moi ameno para disfrutar en directo.

xoves, 10 de outubro de 2019

SAEN OS MALETÍNS VIAXEIROS

Este venres saen os maletíns viaxeiros con destino as vosas casas para acompañarvos durante unha semana e poder disfrutar do seu contido.
Tódolos venres sairá para unha casa diferente e terá que vir de volta o  xoves vindeiro, co cal estará unha semana convosco,
Dentro da maleta hai un listado co material, acompañado polo libro viaxeiro no cal podedes debuxar algo que vos chamase a atención.
Agardamos que disfrutedes da lectura e dita maleta vos sirva para entretervos arredor das palabras.



xoves, 27 de xuño de 2019

En Fin de curso... actividades por un "tubo"

Un novo curso remata e como broche final fixemos unha serie e actividades no centro de despedida moitas delas a partires de contos que nos teñen cautivados!!!
E infantil desfrutamos moito dos contos un deles foi " vivan las uñas pintadas" un conto a prol da igualdade cheo de tenrura. Acabamos pintandonos todos as uñas de cores.

Os catro músicos de Bremen foron o preludio dun concerto didáctico por parte dos profes da Escola de Música do Valadouro.



A qué sabe a lúa, foi interpretada polo alumnado de cuarto a todo infantil.





Tamén o alumnado de infantil desfrutou contando contos aos maiores e interpretaron " A casa das mosca chosca"




luns, 24 de xuño de 2019

Obradoiro Scrach

O alumnado de 5° (participante no programa Edixgal) e o de 6  deseñaron un xogo co programa Scrach 2 .
Posteriormente o resto de alumnado xogou con este programa.



Gravando Antón Fraguas en...

3,2 ,1 en aire!!!
Con motivo da celebración do día das Letras Galegas o alumnado colaborador gravou un vídeo sobre a Vida de Antón Fraguas.





xoves, 6 de xuño de 2019

mércores, 5 de xuño de 2019

Novas formas de contar os contos

Hoxe fomos ao lugar que máis nos gusta no cole, a biblioteca!! E fomos a ler un conto na Hora de ler, pero hoxe a profe deixóunos narrar a nós.
Que ben o pasamos!!

luns, 3 de xuño de 2019

Educación vial na escola

Como ven sendo habitual no centro o noso profe de educación Física adica as últimas clases do mesmo de xuño para traballar a Educación Vial dunha forma do máis activa.







Montaxe escornabótica

Hai dous anos comezamos a Nosa andaina neste novo medio.
Primeiramente fomos o claustro de profesores os que nos iniciamos no mundo dos escornabots. Dous anos despois xa podemos case afirmar q somos uns espertos na montaxe por iso este anuncio xa nos vimos coa capacidade de darlles unhas nocións de montaxe aos nosos alumnos e alumnas.
Deu que facer pero bueno... Conseguímolo!

Agradecer o entusiasmo dos nosos e nosas colaboradores e colaboradoras



Facendo uso da impresora 3D

Dende que o profesorado se viu capacitado e con certa soltura fixéronse na biblioteca pequenos obradoiros de deseño co programa Tinker cad orientados todos eles á elaboración de pequenas pezas e lograr posteriormente imprimilos en 3D. Unha tarefa que resultou do máis interesante.