Páginas

domingo, 29 de marzo de 2020

Biblioteca creativa - espazo MAKERS

A través da Biblioteca Creativa do cole e do material que imos tendo por participar nestes proxectos,  colaboramos na iniciativa solidaria  "cononavirusmakers" do mundo, aportando o noso gran de area, no apartado "makers" polo que usamos a impresora 3D do colexio para facer viseras de protección que se distribuirán a quen as necesite.

Para saber desta iniciativa ao completo, incluso colaborar podedes informarvos en https://coronavirusmakersgalicia.org/   (escribir tamén abaixo en comentarios e contestamos)

Como sabedes, o alumnado de 5º e 6º, estaba iniciándose no deseño de pezas para a impresora 3D a través do programa Tinkercad, pois ben, podedes colaborar tamén nesta iniciativa e seguir mellorando as vosas habilidades tentando deseñar algún aparello que poida contribuír a  axudar na protección de quen o necesite. 

Se gustades e queredes facelo a través do cole (tendes tamén a opción de traballar sobre o queirades, aínda que agora adicámonos completamente a imprimir viseras pero en canto pase isto, imprimiremos o que fixeches) mandar o voso deseño a:    bibliovaladouro@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario