Páginas

martes, 3 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020

O venres 28  de febreiro celebramos por todo o alto a gran festa do Entroido no colexio.
Como vén sendo habitual, estaba presente toda a comunidade educativa con moito ambiente festivo e moita carallada.

A primeira parte dos actos discurriu no polideportivo, onde comezabamos cunhas cancións, bailes e interpretacións de cada curso.

Pasando cada un destes a cantar as súas propias murgas que tantos recreos e tempos libres lles levou argallar. 

Todos xuntos cantamos unha murga do Entroido.

Con estas letras fixeron rir e deixaron sorprendidos ás numerosos familias que estaban nas gradas presenciando semellantes espectáculo.

Despois tomamos un chocolate e uns doces que preparou a ANPA do colexio, sobra dicir que nos puxemos de Entroido...

Pasamos a ler o testamento e as Últimas Vontades dos señores de Entroido que serían enterrados (no centro había rumores de que eran uns Hackers).

Tod@s xuntiñ@s  fomos facer un desfile polas cercanías do centro educativo onde a colaboracón de familias foi esencial, amais de aportar o toque colorido do día e contribuír no bo ambiente.

En chegando ao polideportivo de volta, houbo tempo de baile e música para que caun expresase o seu ritmo e troula.

Xa contra o final da mañán fomos quen de enterrar os "difuntiños" e chorar na súa despedida (que bos eran, incluso despois de morrer, meus pobres).

Así demos por rematado o ENTROIDO deste ano 2020.