Aproveitando a data na que estamos coa proximidade do Samaín decidimos realizar unha man biónica que será a desculpa perfecta para despois elaborar un relato de medo cunha personaxe terrorífica de mans biónicas... Pero non rematará aí o xogo... despois deberán relatar este conto ante un esixente público ... serán capaces???
A actividade iniciámola na aula de sexto aínda que se rematou na propia biblioteca durante os recreos de mediodía.
MATERIAIS EMPREGADOS
- Pallas de refresco.
- Celo
- Cordón algo fino para poder pasalo por dentro das pallas.
- Tesoiras
- Rotulador permanente.
Paso 1: unimos catro pallas pola parte que levaríamos á boca no caso de empregalas co seu uso habitual.
Paso 2: a quinta palla unímola despois pero non irá recta, irá diagonal tal que así
Feito este paso abriremos as pallas como se fora unha man. Pista, a palla que colocamos en diagonal corresponde ao dedo meñique.
Agora colocamos a man biónica sobre a nosa man e coa axuda dun compañeiro sinalamos co rotulador permanente na man biónica por onde doblan os nosos dedos e onde rematan. Cortando o cacho que nos sobra de dedo nas pallas.
Paso 3:doblamos as palliñas por onde marcamos a dobleces dos nosos dedos e cortamos unha esquiniña de xeito q nos quede un buratiño semicircular.
Paso 4: cortamos cinco anacos de cordón para introducilo dentro de cada unha das pallas. Para evitar que o cordón escape ao tirar faremos un pequeno corte na parte de arriba da palla e un no no cordón de xeito que ao tirar polo cordón pola parte de baixo a palla doble como un dos nosos dedos.
E con isto en teoría rematamos. O próximo día empregaremolo para subsanar pequenos fallos como q un dedo nos doble ao revés ou cara o lado.
Agora queda o dificil...
UNHA HISTORIA TERRORÍFICA...