Hoxe foi un día de intensa actividade na Biblioteca de Ferreira, non podía ser outro xeito,hoxe era o seu gran día!!! O día das Bibliotecas Escolares!!.
Fátima viaxou ata o Valadouro para celebrar este día da mellor das maneiras, e cal sería? Pois claro!!! Contándonos moooitos contos que nos fixeron voar coa imaxinación.
Despois da animación, tocou traballar intensamente na decoración e selección de contos de medo... pero disto... xa vos iremos contando
Páginas
▼
mércores, 24 de outubro de 2018
Feira do Mel.
Coa chegada do outono, chegan os produtos do outono entre eles o mel, produto de gran riqueza e valor no noso concello.
Por este motivo todos os anos se celebra en Ferreira a Feira do Mel na que o mel é o protagonista.
Dende o Centro e a biblioteca organízanse varias actividades con motivo desta festa: como un concurso de cartelería para anunciar este festexo e Charlas sobre a vida das abellas e a forma de obter este produto.

Paco Pakolas Visita o Valadouro
E chegou o gran día! o 21 de setembro, chegou Paco Pakolas ao Valadouro acompañado da ilustradora Laura Romero para presentarnos o espectáculo Cores Cantos e Rock and Roll.
Un pracer para os sentidos do que desfrutamos adultos e nenos.
Fomos tan boíños que Laura nos regalou unha quenlla que loce na nosa biblioteca.
Un pracer para os sentidos do que desfrutamos adultos e nenos.
Fomos tan boíños que Laura nos regalou unha quenlla que loce na nosa biblioteca.