Páginas

xoves, 27 de xuño de 2019

En Fin de curso... actividades por un "tubo"

Un novo curso remata e como broche final fixemos unha serie e actividades no centro de despedida moitas delas a partires de contos que nos teñen cautivados!!!
E infantil desfrutamos moito dos contos un deles foi " vivan las uñas pintadas" un conto a prol da igualdade cheo de tenrura. Acabamos pintandonos todos as uñas de cores.

Os catro músicos de Bremen foron o preludio dun concerto didáctico por parte dos profes da Escola de Música do Valadouro.



A qué sabe a lúa, foi interpretada polo alumnado de cuarto a todo infantil.





Tamén o alumnado de infantil desfrutou contando contos aos maiores e interpretaron " A casa das mosca chosca"




luns, 24 de xuño de 2019

Obradoiro Scrach

O alumnado de 5° (participante no programa Edixgal) e o de 6  deseñaron un xogo co programa Scrach 2 .
Posteriormente o resto de alumnado xogou con este programa.



Gravando Antón Fraguas en...

3,2 ,1 en aire!!!
Con motivo da celebración do día das Letras Galegas o alumnado colaborador gravou un vídeo sobre a Vida de Antón Fraguas.





xoves, 6 de xuño de 2019

mércores, 5 de xuño de 2019

Novas formas de contar os contos

Hoxe fomos ao lugar que máis nos gusta no cole, a biblioteca!! E fomos a ler un conto na Hora de ler, pero hoxe a profe deixóunos narrar a nós.
Que ben o pasamos!!

luns, 3 de xuño de 2019

Educación vial na escola

Como ven sendo habitual no centro o noso profe de educación Física adica as últimas clases do mesmo de xuño para traballar a Educación Vial dunha forma do máis activa.







Montaxe escornabótica

Hai dous anos comezamos a Nosa andaina neste novo medio.
Primeiramente fomos o claustro de profesores os que nos iniciamos no mundo dos escornabots. Dous anos despois xa podemos case afirmar q somos uns espertos na montaxe por iso este anuncio xa nos vimos coa capacidade de darlles unhas nocións de montaxe aos nosos alumnos e alumnas.
Deu que facer pero bueno... Conseguímolo!

Agradecer o entusiasmo dos nosos e nosas colaboradores e colaboradoras



Facendo uso da impresora 3D

Dende que o profesorado se viu capacitado e con certa soltura fixéronse na biblioteca pequenos obradoiros de deseño co programa Tinker cad orientados todos eles á elaboración de pequenas pezas e lograr posteriormente imprimilos en 3D. Unha tarefa que resultou do máis interesante.


Zowi. Introducíndonos na programación


Que mellor forma de introducir ao noso alumnado no Mundo da programación se non con Zowi! Despois duns día practicando con él. Fixemos a súa réplica coa impresora 3D de Cara a facer un chaveiro con él.



Posteriormente expuxeron o seu traballo ao alumnado de infantil na biblioteca.
O alumnado de infantil pola súa parte tamén fixeron os seus "pinitos" con Zowi programando os seus movementos coa tablet