Páginas

mércores, 13 de novembro de 2019

Magosto e Samaín no Valadouro

Aprazando a xornada de Samaín, (30 de outubro) para facela coincidir co Magosto, agardamos ata o venres 8 de novembro para facer unha gran festa durante todo o día con numerosas actividades no CEIP  Pulrilingüe Santa María do Valadouro.

A comezos da semana, en Infantil foron argallando actividades para ir introducindo ao alumnado nas diferentes actividades que xiran arredor do Samaín e Magosto: comidas con formas terroríficas, pócimas, decoración de magosto, cucuruchos de castañas e ....


Xa desde ben iniciada a mañán, tódolos cursos e seguindo unha quenda foron quen de pasar polos corredores do colexio e apreciar o traballo feito dos distindos cursos, das cabazas expostas, da decoración, da música de ambiente e do tenebroso que se poñia o ambiente.
Desde a entrada ata a biblio ata  foron pasando e vendo as súas creacións, dando color e aire festivo a este conmemoración anual, moi clásica nos centros educativos.




En Primaria e nos cursos que máis o demandaban o ambiente foise poñendo de máis e máis medo, tratando de contar historias sobre as bruxas e o que estas facían polos prados e leiras do Valadouro. Tal e como o alumnado foi contando na apócema da bruxa, algúns milagres sucedían nese treito e todo era posible gracias aos ingredientes introducidos na pota da bruxa.....




Cando chegaban  a biblio, alí parecía que estaban en lugar seguro, polo que tiñan seleccionados por niveis uns contos sobre o Samaín e para rematar unha canción que poñía a nota de alegría neste día.


Despois de comer, no polideportivo reuniómonos todos para celebrar con música, bailes, xogos e castañas esta festa tan ancestral e galega.  Para iso invitamos tamén as familias a que nos acompañasen  e xuntos puidemos pasar unha tarde de festa.