Conmemoración das que por desgracia, se están facendo moi necesarias e comúns para reivindicar o cambio na sociedade e na forma de comportarnos entre persoas. Non podemos deixar a ocasión para manifestas que estas condutas non poden ser normativizadas, non se poden deixar pasar, non deben quedar sen castigo e sobre todo que poidamos reflexionar sobre que nos leva a ser violentos e a cometer erros tan graves entre iguais.
O alumnado de 6º e 5º de Primaria leu un manifesto en contra da violencia, centrándose no que pode acontecer nos seus rangos de idade, en problemas entre nenos e nenas, nas actuacións desmedidas ante a rabia e valorar que nos leva a agredir física ou verbalmente a compañeir@s.
Despois cantamos nos corredores do centro a canción de Rozalem, "la puerta violeta" acompañados pola guitarra do mestre de música. Emocionad@s despedim@s este día coa idae de facer extensible esta celebración.
Ó día seguinte, fomos convidados polo Concello a un teatro sobre a igualdade de nenos e nenas, polo que o centro con todo o seu alumnado estivo presente nas historias dos contos superclásicos adaptados ou modificados en favor de que todos somos iguais.
Durante esta semana do 25 tivemos no centro unha sexóloga que foi curso por curso de Primaria, impartindo charlas adaptadas a súa idade e preparando aos rapaces/zas para enfrontarse a súa sexoloxía.
Para os pais e nais, estas charlas serán o luns 2 de decembro de 16:00 a 18:00 na casa da Cultura. Moi didácticas e amenas.