Páginas

luns, 27 de abril de 2020

29 de abril Día da Danza

Cada 29 de abril dende o ano 1982 celebramos o Día Internacional da Danza. Esta data foi establecida pola Unesco atendendo a unha iniciativa que o Comité Internacional de Danza fixo naquel ano. 
A elección deste día e non outro non foi casual, se non que coincide co día de nacemento de Jean-Georges Noverre, innovador e estudioso deste arte e que foi creador do ballet moderno.
Esta celebración non so busca atraer a atención sobre a danza se non que tamén pretende reunir a todos aqueles que elexiron a danza como medio de expresión traspasando as barreiras culturais, políticas e étnicas


OS BENEFICIOS DA DANZA
O baile e o ballet son exercicios moi recomendables para os nenos e nenas xa de forma espontánea ou como deporte. o baile produce nos nenos sensación de liberdade axudándoos tremendamente á súa coordinación.

O ballet, ademáis de arte, é un exercicio que aporta moitos beneficios físicos e psíquicos aos pequenos e pequeñas 
  • Estimula a circulación sanguínea e o sistema respiratorio.
  • Favorece a eliminación de  grasas.
  • Axuda a ganar elasticidade
  • Exercita a coordinación, a axilidade de movimentos e o  equilibro.
  • Colabora no desenvolvemento muscular en formación da columna
  • Contribúe a corrixir malas posturas.
  • Axuda á  psicomotricidade, a la axilidade e coordinación de  movementos.
  • Permite mellorar  equilibrio e refrexos..
  • é  unha boa técnica para combatir a obesidade infantil e o colesterol.
  • Desenvolve a  expresión corporal,o oído e a memoria
Sen mencionar todos as aportacións a nivel psicolóxico xa que o ballet ao ser un exercicio tan ríxido: esixe e ensina disciplina física e mental, desenvolve a sensibilidade dos máis pequenos, axuda á socialización dos nenos máis tímidos, relaxa e libera adranalina e mellora a autoestima reducindo o stress e a ansiedade aumentando a confianza en sí mesmo.

por todo isto que nenos e nenas A BAILAR


FALANDO DE DANZA... 
Non podíamos deixar sen mencionar a uns espertos en danza como os que tedes no grupo Amado Lar e do que moitos formades parte.
A Asociación Cultural Amado Lar  naceu no ano 1985. A idea surxiu dun grupo de rapaces da vila e arredores, que con gran ilusión, quixeron levar a cabo aquel proxecto para fomentar e manter viva a cultura popular galega así como conservar e recuperar as tradicións culturais en especial as pertencentes o concello.
Nun primeiro momento e unha vez posta en marcha a idea, tiveron que buscar solución a un problema moi habitual nestes casos: a falta de diñeiro. A solución atoparona de xeito rápido formando un grupo de teatro co que ensaiaron unha obra para presentar nun festival en decembro daquel ano e así conseguir fondos para a constitución da asociación como tal.

Dirixidos por Luis Rio Seara, que sería o primeiro en presidir a asociación , aquel grupo de rapaces ensaiaron durante moitas  noites a obra " O testamento do tío Nacho" presentada naquel festival do nadal de 1985 . Ao remate daquel festival foi a interpretación dunha cantiga con arranxos que mencionaba o Val como "querido hogar" polo que se decideu aquel mesmo día  poñerlle este nome á asociación que acaba de nacer.
Desde os comenzos, o colexio público Sta. Maria ,tivo un papel importante na ensinanza dos bailes o alumnado que acabarían sendo a maioría deles os compoñentes dos grupos de baile da asociación. 
Mencionan os membros deste grupo con especial cariño á mestra Aurea e como non a Enrique o noso querido director do colexio.
Nos inicios  da asociación para impartir as clases  tivemos como mestres tanto de baile como de percusión a compañeiros da asoc. Arco da Vella .
Vai xa para 35 anos de vida desta asociación , a cal viu pasar moitas persoas tanto polas directivas (Alfonso Pernas , Ana Mª Geada, Marco Uria, Eva Cora....)  como polos seus alumnos nos distintos grupos.
Durante todo este tempo houbo épocas moi boas e non tanto porque este proxecto tivo momentos en que parecía que ía deixar de existir.
Unha das ramas que se perdeu foi a do grupo de teatro, pero que ainda anda a rexurxir polas cabezas hoxe en día con gañas de recuperar. Hai que destacar a labor de todas as persoas que dun xeito ou doutro contribuiron a preservar o que un bo día comenzaron aquel grupo de rapaces e que merecen toda a nosa admiración polo traballo realizado.
As citas principais durante o ano son a mostra folclórica celebrada ó comezo das festas patronais en setembro, a foliada que se celebra en xullo e o mercado de primavera. Ademáis disto colaborase con todos os actos culturais que organiza o concello e  realízanse   intercambios con outros grupos da comarca e arredores nos festivais, foliadas, xuntazas...que organizan.

Na actualidade a asociación está presidida por Angeles Vizoso, conta cuns 90 socios e compoñen a formación o grupo de baile (con 3 categorías por idades), instrumento (gaita, tambor, bombo) e cantareiras. O alumnado a día de hoxe componse duns  57 integrantes coincidindo xeracións de pais e fillos.
Os nosos queridos mestres Chusa en baile e Bosa en instrumento forman parte xa desta gran familia.
A día de hoxe a meta desta asociación é seguir contando con xente disposta a disfrutar e aprender todo o que a nosa cultura e tradición nos aporta.
ANIMÁDESVOS?


ACTIVIDADES.
con motivo de tan especial celebración non podemos deixar pasar a oportunidade de facer unha breve viaxe pola historia da danza mediante unha actividade moi fermosa que se organizou dende a Cidade Da Cultura.







Ningún comentario:

Publicar un comentario