Páginas

luns, 18 de maio de 2020

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS




Cada 18 de maio celébrase o día internacional dos museos co obxectivo de concienciar á humanidade sobre a importancia dos museos como medio para o intercambio entre culturas, o enriquecemento persoal e da comunidade e o desenvolvemento da comprensión, a colaboración e a paz entre os pobos.
esta data conmemórase dende hai máis de 40 anos e cada ano xira en torno a un tema, neste ano elexiuse "Museos pola Igualdade: Diversidade e Inclusión"


NESTE DÍA... APETÉCEVOS FACER UNHA VISITA A UN MUSEO COMO É O MUSEO DO PRADO...
 AQUÍ UNHA VISITA VIRTUAL POLO MÁIS DESTACABLE DOS NOSOS MUSEOS


                                                       

https://www.agendamenuda.es/planes-en-casa/recursos-en-la-cuarentena/2091-visita-online-al-museo-del-prado-para-ninos


                                                             

                                          REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
                                                http://redemuseisticalugo.org/index.asp



 MUSEO DEL PRADO

https://www.museodelprado.es/recurso/9fbe0294-0ed8-44e8-9836-f31a069b18ef/a0cefd9b-ff91-e293-ddc1-f67c44c1c350



AS NOSAS OBRAS DE ARTE

   Yeray, con motivo do día Internacional dos Museos quixo aportarnos o seu grao de área.

mércores, 13 de maio de 2020

Xogo vida e obra de Carvalho Calero



ACTIVIDADES POLAS LETRAS









DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO E DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DOS DÍAS DAS LETRAS PROPOÑÉMOSVOS UNHAS ACTIVIDADES BEN BONITIÑAS

1. PALABRAS NOSAS…DOS GALEGOS E  DAS GALEGAS

 A nosa lingua está chea de palabras moi  fermosas  :aperta,  agarimo,bicos, bolboreta, ledicia, luvas, xoaniña, ………

 Que vos parece se para conmemorar  a Semana das Letras Galegas  vestimos esas palabras de gala, xa que é a súa festa? Igual ca  vós, cando ides a algunha celebración coa familia ou amigos/as  procurades  vestirvos  con elegancia…!

 Propoñémosvos  , coa axuda das vosas familias, facer o seguinte :

·         Pensar unha palabra. 

·         Rotulala  con letras maiúsculas nunha cartulina,tamaño A4 ou A5, do color que queirades(tamén valería un cartón dunha caixa ,que teriades  que pintar con témperas, acuarelas,ceras…) Despois decoralas…

·         Tamén podes debuxar  as letras en papel de colores ,de revistas  ,goma eva….,recortalas e pegalas sobre a cartulina….

·         Facer un debuxo que teña relación con esa palabra  e se che parece difícil ,podes mirar por algún debuxo ou imaxen sacados de internet…..

·         Sacar unha foto co traballo realizado  na que se che vexa a ti.

·         Envíalla ao blog da biblioteca.
  bibliovaladouro@gmail.com





Este sería un exemplo de cómo podería quedar o traballo..pero aínda quedaría mellor se pintas cada letra (con ceras,rotulador,purpurina,…) dunha cor, o debuxo tamén mellor quedaría feito ou pintado por ti…..


                                    
o noso compañeiro Antón elexiu a palabra xoaniña
Xavi, elexiu vagalume

Oliver elexiu a bolboreta
Noa tamén elexiu a bolboreta.

Andrea, elexiu a palabra bico

Silvia envíanos moito agarimo, e creo q ten morriña e gana de voltar ao cole...
Yeray elexiu a palabra aperta
Clara elexiu a bolboreta

A Naima gústalle máis a palabra sapoconcho

Enma é máis de colo

E a Daniela encántanlle os agasallos

Leire é máis de bolboreta tamén

E a Óscar gústalle a palabra árbore

Paula é de apertas

E a ROI gústalle o esquío

Sabela non sabe cal lle gusta máis se golfiño e cadro así que fixo as dúas...

 
Alexandra elexiu coelliño




2 " UNHA PALABRA MOI GALEGA"                                                                                     


Queridos nenos e nenas queremos compartir con todos vós unha pequena historia dun rapaciño que coñecemos algúns Mestres do Valadouro.
Houbo un tempo no que algo tan normal para todos nós como é escribir en galego, non se facía!, entre outras cousas...  eran tempos nos que tampouco se permitía dirixirse aos profesores en galego a pesar de ser a lingua maioritaria...
Nestas, que un rapaciño con grandes inquedanzas non acababa de comprender, por que se todo o mundo que o rodeba falaba en galego non o escrbía e empregaban o castelán para todo?.

Foi así, que comezou a escribir en galego, pero comezaron a entrarlle grandes dúbidas, sobre todo  cando comezou a mocear e lle esribía á noiva en galego...cada vez que tiña que escribir unha palabra tan corrente como "unha"... non sabía que facer!! 
Se escribía "una" era claramente en castelán, se escribía un-a estaría permitido?... deulle moitas voltas ata que cando chegou á universidade… por fin llo explicaron!!!, hoxe xa sabe escribir coma nós, así que propoñemosche  que escribades unha frase de cariño  que inclua nh.

estas preparado para compartir?

bibliovaladouro@gmail.com 


CERTAME INFANTIL ARTES PLÁSTICAS FEIRACO






CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Neste atípico mes de maio reservamos un espazo ben especial ao homenaxeado neste 2020 don Ricardo Carvalho Calero.
  Non podíamos pasar por  alto tan insigne persoeiro e traemos unha serie de actividades para tal celebración entre elas a elaboración deste vídeo sobre a súa vida e obra, cancións de animación ao emprego da lingua galega e moitos moitos recursos!!!!




CONTO DOS BOLECHAS SOBRE A FIGURA DE CARVALHO CALERO




CANCIÓNS ANIMACIÓN AO EMPREGO DO GALEGO


BRINCA VAI MEU O MUNDO É





RAP DA LINGUA - MIGALLAS TEATRO



DIOS KE TE CREW- DEITADO FRENTE AO MAR



A FALA. UXÍA VEN COLABORACIÓN CON TANXUGUEIRAS




QUEMPALLOU- COA LINGUA DE FORA




           RECURSOS



                                   PRIMAVERA DAS LETRAS. REAL ACADEMIA GALEGA





                                                     SEMINARIO GALÁN





AS PITAS BAIXO A CHOIVA dirixido a todo o alumnado para profundizar nunha das obras de Ricardo Carvalho Calero. Da coordenadora de equipos de dinamización longüística de ferrolterra.







                                      EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Aulas Galegas
https://aulasgalegas.org/especial-letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero/





martes, 12 de maio de 2020

Día Internacional da Enfermaría



O Día Internacional da Enfermaría celébrase o 12 de maio en todo o mundo xa que esta data coincide co nacemento de Florence Nightingale (enfermeira, escritora e estadística británica, considerada como a precursora da Enfermaría profesional moderna)

Nos tempos que corren non podía pasar desapercibida esta data por eso dende ana biblioteca todo o noso apoio a esas enfermeiras e enfermeiros.


E ti? Tes algunha enfermeira/o favorita/favorito?
 Faillo saber a través deste blog!
Envíanos unha carta adicada, un debuxo, unha fotografía e nós publicarémola!

bibliovaladouro@gmail.com

venres, 8 de maio de 2020

Día das Aves Migratorias



Hoxe nove de maio tamén celebramos o Día Mundial das Aves Migratorias.  Neste día faise unha campaña para sensibilizar á humanidade da necesidade de conservar estas aves e o lugar no que habitan.  Neste día sinálanse as ameazas ás que se enfrontan cando migran, a importancia que teñen para nós e a necesidades de coidalas para a conservación do ecosistema.

As aves migratorias máis coñecidas  para os galegos e galegas son a cigoña, a codorniz, o cuco o mazarico rechouchiador ou a anduriña. 
 A algunhas delas fóronlle adicados algúns poemas e cancións.
 É o caso do Cuco de Manuel María

O cuco, cuco cuqueiro
O cuco, cuco cucón
Madrugón e cantareiro!
Cantareiro e madrugón!
Óese pola carballeira
o vello cuco souril
ao nacer a Primaveira
entre o Marzo e o Abril:
O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
O cuco non me capou
e nunca me capará!
Polas mañás ven cediño
o cuco canta:”cú – cú…
Como o teño por veciño
eu trato ao cuco de tu!


A outras referíanse de forma metafórica nunha canción como é o caso da anduriña de Xoán Pardo.
En Galicia un día eu escoitei 
unha vella historia, nun café. 
Era dunha nena que da aldea, se escapou. 
...Anduriña nova que vóou... 

Choran ó pensar, ¿onde andará? 
Mais ninguén a quere ir buscar. 
Anduriña lle chamaron, os que alí deixou 
torna pronto ó porto, ¡por favor!... 

Un velliño fala xunto ó lar, 
di-me moi baixiño e sin maldade. 

Anduriña e nova... Voltará, ¡xa-lo verán! 
Probe paxariño, sen plumar... 

Nun día calqueira, pousará. 
Seu misterio, para non o será. 
O nome Anduriña, para xamais, se llo dirán. 
Pero mentres tanto, ¿onde vái? 

Anduriña ¿onde vái?... Anduriña ¿onde vái?... 
Anduriña... ¿Onde vái?... 
    
Aquí vos deixamos o son dalgunhas delas.

                                        O cuco

A anduriña

O mazarico

A cigoña

Codorniz





DÍA DE EUROPA



O día de Europa é unha celebración que se fai todos os nove de maio na memoria dun feito histórico como foi a chamada Declaración Schuman, Declaración  que deu paso á Unión dos Países Europeos. 
 Nunha reunión celebrada no 1950(cinco anos despois do derrocamento  do réxime nazi e coa imaxe dunha Europa devastada pola II Guerra Mundial) Robert Schuman (primeiro ministro francés na época) propuxo      que o carbón e o aceiro de Alemaña e Francia  se sometera a unha administración conxunta,  a razón era que se os países participaban nesta organización no caso de iniciar unha guerra entre eles atoparían serias dificultades.






ALGÚNS LINKS DE INTERESE DOS QUE PODEDES SACAR GRAN INFORMACIÓN SOBRE EUROPA

O BLOG DE EUROPA CONTADO POR NENOS
http://europajunior.blogspot.com/
EL RINCÓN DE LOS NIÑOS DE LA UNIÓN EUROPEA
https://europa.eu/learning-corner/home_es


                    E TI? 

                                ESTIVECHE NALGÚN PAÍS DE EUROPA ?
                                 TES ALGÚN FAMILIAR OU AMIGO NALGÚN PUNTO DE EUROPA?

                                                         CONTANOLO E ENVÍANOS IMAXES!!
                                                  bibliovaladouro@gmail.com

xoves, 7 de maio de 2020

ECOIDEAS CON ADEGA

                Coñece ás mascotas invasoras

As especies exóticas invasoras son na actualidade unha das principais causas de perda de biodiversidade a nivel global. coñecemos por especies invasoras aquelas especies de fauna e flora que se foron introducindo nun ecosistema que non é o seu propio fora de forma accidental ou intencionada, espandíndose neste novo territorio e afectando a especies que sí son dese lugar compromentendo a existencia destas ata case incluso desaparecer . O comercio de animais e a tenza de mascotas é unha das vías de entrada de especies invasoras. A través desta ficha, coñecerás que mascotas son invasoras.



http://adega.gal/media/documentos/Eco-ideas_mascotas_invasoras.pdf