Páginas

luns, 23 de novembro de 2020

Unha man-chea de ...

 Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola.Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego… Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.

 Diego en cambio, chámalles parvos, empuxa, pega... 
Mais a ledicia dos seus compañeiros compartindo bicos e aloumiños  fai que Diego se sinta so e que acabe pedindo perdón.

Porque as mans xamais deben  servir para  facer dano, as mans deben servir para coidar,  para axudar, para acariñar, para colaborar...

Nesta semana en que conmemoramos o  Día da NON VIOLENCIA que mellor forma que recordar as accións positivas que podemos facer coas nosas mans?

Decoramos as nosas mans e decoramos os corredores do colexio  con mans dispostas a construir un mundo mellor.


Da man dos nenos e nenas de tres anos de Educación Infantil chegan as mans máis doces que serven para debuxar, acariciar e mandar bicos.

En catro anos mans que axudan mans que acarician, mans que axudan.

As mans máis musicais veñen da man dos nenos e nenas de cinco anos.





Mans artísticas en primeiro.




Mans dispostas a axudar e a aplaudir en segundo.





En terceiro coas súas mans tenden unha ponte para axudar.






En cuarto... as mans máis reivindicativa


s

En quinto recordan ás vítimas que non estan soas.



En sexto mans que falan, mans musicais, mans que escriben... 




Ningún comentario:

Publicar un comentario