A festa dos maios ou tamén coñecida simplemente como Os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais.
Esta festa aínda que se adoita celebrar o día 1 de maio este ano celebrámola ao longo da semana do dez de maio.
Antigamente tiña connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores , connotacións que co paso do tempo se foron perdendo ao igual que a festa en si nesta zona de GAlicia.
Ao longo desta semana os alumnos/as foron traendo flores e follas do noso entorno e fomos adornando en pequeno grupo os nosos maios, aprendendo unha cantiga e facendo unha lámina alusiba a esta celebración que no seu día creou o debuxante Leandro Lamas.
Como premio final a este tan elaborado traballo tivemos a visita do mesmísima Leandro Lamas, que nos ensinou a realizar unha làmina ambientada precisamente nos Maios.
Aquí unha pequena escolma do traballo realizado ao longo da semana así coma no Obradoiro Creativo de Leandro Lamas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario