Páginas

mércores, 25 de outubro de 2017

Proxecto maker...

Hoxe iniciamos cos nenos de sexto curso unha actividade impulsada dende a biblioteca.
Aproveitando a data na que estamos coa proximidade do Samaín decidimos realizar unha man biónica que será a desculpa perfecta para despois elaborar un relato de medo cunha personaxe terrorífica  de mans biónicas... Pero non rematará aí o xogo... despois deberán relatar este conto ante un esixente público ... serán capaces???

A actividade iniciámola na aula de sexto aínda que se rematou na propia biblioteca durante os recreos de mediodía.

MATERIAIS EMPREGADOS

- Pallas de refresco.
- Celo
- Cordón algo fino para poder pasalo por dentro das pallas.
- Tesoiras
- Rotulador permanente.

Paso 1: unimos catro pallas pola parte que levaríamos á boca no caso de empregalas co seu uso habitual.



Paso 2: a quinta palla unímola despois pero non irá recta, irá diagonal tal que así

Feito este paso abriremos as pallas como se fora unha man. Pista, a palla que colocamos en diagonal corresponde ao dedo meñique. 
Agora colocamos a man biónica sobre a nosa man e coa axuda dun compañeiro sinalamos co rotulador permanente na man biónica por onde doblan os nosos dedos e onde rematan. Cortando o cacho que nos sobra de dedo nas pallas.

Paso 3:doblamos as palliñas por onde marcamos a dobleces dos nosos dedos e cortamos unha esquiniña de xeito q nos quede un buratiño semicircular.

Paso 4: cortamos cinco anacos de cordón para introducilo dentro de cada unha das pallas. Para evitar que o cordón escape ao tirar faremos un pequeno corte na parte de arriba da palla e un no no cordón de xeito que ao tirar polo cordón pola parte de baixo a palla doble como un dos nosos dedos. 

E con isto en teoría rematamos. O próximo día empregaremolo para subsanar pequenos fallos como q un dedo nos doble ao revés ou cara o lado.

Agora queda o dificil... 
UNHA HISTORIA TERRORÍFICA...



martes, 24 de outubro de 2017

PROXECTO ESCORNABOT

a primeira actividade realizada no centro co escornabot iniciouse no terceiro trimestre na aula de cinco anos. Por uns pequenos problemas técnicos tivemos que rediseñar o taboeiro pero con tal de poder empregar este novo ¨trebello¨ non nos importou repetir.

24 outubro día internacional das bibliotecas.

Hoxe celebramos o día especial de toda biblioteca, e que mellor forma de celebrar hai no mundo que ir escoitar un conto especial á biblioteca?

luns, 9 de outubro de 2017

Jorge e María puxeronlle música ao libro "Fantasía coas palabras"

O día 29 de setembro fomos todos á casa da cultura. Alí desfrutamos da música que daba son a poemas do libro "Fantasía coas palabras" .
Mirade mirade que atentos estivemos!!!


TALLER DE DOBRAXE

O día 22 de setembro tivemos a sorte de poder participar nun taller de dobraxe. Aquí unhas imaxes desta actividade.