Páginas

martes, 7 de abril de 2020

Crea o teu Museo Actividade 2

Hoxe... A nosa actividade inclúe unha visita virtual, apetéceche ver a panorámica dende o tellado do museo Fortaleza de San Paio de Narla

http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=17&id=2826



ACTIVIDADE 2
https://drive.google.com/drive/folders/1QdJmdaIgHETrqyl8wbELejo7tAZ4hNBI

Hoxe falamos sobre a paisaxe.
- A través das pinturas e das obras nas que se representan paisaxes podemos coñecer moitas
cousas:
• Se a paisaxe é de primavera, verán, outono ou inverno.
• Se a paisaxe é do medio rural (natureza, montañas, ríos, etc.) ou do medio urbano (pobos,
cidades, etc.).
• Se o artista representou unha paisaxe real que coñece ou se se trata dunha paisaxe imaxinaria.
- Ao longo da historia os artistas representaron as paisaxes de distintos xeitos:
• Moi parecido á realidade, case como se fose unha foto: é o que se coñece como Hiperrealismo.
• Elaborando a paisaxe mediante moitos puntiños de cor: é o que se coñece como Puntillismo.
• Pintando mediante manchas de cor, pinceladas soltas que compoñen a paisaxe: é o que se
coñece como Impresionismo.
• O artista pinta paisaxes que idealiza: é o que se coñece como Romanticismo.


TAREFAS PARA MAÑÁ:
Podemos empregar a fotografía dixital para explicar ao resto como son as paisaxes que vemos pola ventá e a continuación, debuxar o que aparece na fotografía.


  1. Tamén podemos rememorar o noso verán

- Fai o teu debuxo sobre o mar: pode ser unha praia, poden aparecer animais mariños,
personaxes mitolóxicos como as sereas, etc. O que ti queiras. Cando o remates, pégao na
ventá e convida aos teus veciños a que pinten tamén un mar para poñer na ventá.
- Fala cos teus familiares para que che conten lembranzas que teñan sobre o mar e envíanos
unha foto, un recordo teu ou deles sobre o mar.
- Crea un animal ou personaxe mariño con material reciclado.




.

Ningún comentario:

Publicar un comentario