Páginas

martes, 7 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas. A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.





Aínda que non se atopa información da campaña que este ano ten prevista a OMS, é fundamental que todos poñamos un gran de area para facer un chamamento á poboación para que se manteñan en casa e evitar a propagación do coronavirus que tanto está a afectar ao mundo no ano 2020.
Fai o teu vídeo e mándao ao blog ou escribe algún lema que mellor represente esta idea.
bibliovaladouro@gmail.com

Cada ano é elixido un lema que será sobre o que versarán as actividades do Día Mundial da Saúde dese ano: 2007: «Investir en saúde para forxar un porvir máis seguro» 2008: «Protexer a saúde fronte ao cambio climático» 2009: «Cando ocorre un desastre, os hospitais seguros salvan vidas» 2010: «A Saúde Urbana é importante» 2011: «Se non actuamos hoxe, non haberá cura mañá» 2012: «A boa saúde engade vida aos anos» 2013: «Contrólese a tensión arterial»2020 Apoiemos ao persoal de enfermería e de partería 2014: «Pequenas picaduras: grandes ameazas» 2015: « Inocuidad dos alimentos» 2016: «Vence á diabetes» 2017: «A saúde mental no lugar de traballo» 2018: «Cobertura sanitaria universal para todas as persoas, en calquera lugar» 2019: «Cobertura sanitaria universal» 2020: «Apoiemos ao persoal de enfermería e de partería»

Ningún comentario:

Publicar un comentario