ANTES DE COMEZAR COA ACTIVIDADE...
Pregúntate ou define que é un museo...
Que nos ofrece, para que nos serve??? Hai tipos diferentes de museos? Como che gustaría que fóra o teu museo ...
Compartimos e comentamos un vídeo no que se mostra un proxecto realizado polo colexio As Gándaras de Lugo en colaboración coa Rede Museística de Lugo.
https://www.youtube.com/watch?v=gy1V0tWXQIM
A idea desta actividade é que cheguedes a ver os museos coma un lugar no que nos contan historias, e o museo que ides crear Vai a contar Unha historia ben fermosa, a vosa historia!!!
ACTIVIDADE 1:
Escollemos un obxecto que teñamos na casa e que nos represente ten que ser algo importante para nós ou para a Nosa familia.
Esa vai ser a primeira peza do noso museo.
XA ELEXICHE? POIS AHORA FOTOGRAFÍA E ENVÍANOS A TÚA IMAXE!
Podes contarnos ou non... Por que ELEXICHE esa peza
lectorinbiblio@gmail.com
Isto lévanos a reflexionar sobre que é o importante para cada persoa e sobre como as coleccións dos museos son testemuñas humanas.
Recordamos unha visita que fixerades a un museo, que sentistes, que foi o que máis vos gustou, TODO ISTO PARA ENTENDER QUE OS MUSEOS SON ESPACIOS DE MEMORIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario