luns, 6 de abril de 2020

Crea O Teu Museo día 1

ANTES DE COMEZAR COA ACTIVIDADE...
Pregúntate ou define que é un museo...
Que nos ofrece, para que nos serve??? Hai tipos diferentes de museos? Como che gustaría que fóra o teu museo ...

Compartimos e comentamos un vídeo no  que se mostra un proxecto realizado polo colexio As Gándaras de Lugo en colaboración coa Rede Museística de Lugo.
https://www.youtube.com/watch?v=gy1V0tWXQIM

A idea desta actividade é que cheguedes a ver os museos coma un lugar no que nos contan historias, e o museo que ides crear Vai a contar Unha historia ben fermosa, a vosa historia!!!


ACTIVIDADE 1:

Escollemos un obxecto que teñamos na casa e que nos represente ten que ser algo importante para nós ou para a Nosa familia.
Esa vai ser a primeira peza do noso museo.

XA ELEXICHE? POIS AHORA FOTOGRAFÍA E ENVÍANOS A TÚA IMAXE!
Podes contarnos ou non... Por que ELEXICHE esa peza
  lectorinbiblio@gmail.com


 Isto lévanos a reflexionar sobre que é o importante para cada persoa e sobre como as coleccións dos museos son testemuñas humanas.

Recordamos unha visita que fixerades a un museo, que sentistes, que foi o que máis vos gustou, TODO ISTO PARA ENTENDER  QUE OS MUSEOS SON ESPACIOS DE MEMORIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario