O Día 2 de maio celebramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar un problema no que todos os días traballamos para previlo no noso centro
Este é un problema que sempre existiu aínda que agora disponse de ferrramentas tecnolóxicas que ás veces agudizano.
Todos nos, como comunidade educativa, debemos traballar conxuntamente para que non se produzan situacións deste tipo.
Para coñecer exactamente de que fallamos vexamos os criterio que se consideran necesarios para poder falar de acoso que presenta a Xunta de Galicia no seu Protocolo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso:
1. A existencia de intención de facer dano.
2. A repetición das condutas agresivas.
3. A duración no tempo, co establecemento dun esquema de abuso de poder desequilibrado entre a vítima e a persoa agresora ou persoas agresoras.

QUE É O ACOSO ESCOLAR?
E TI? QUERES SER UN NENO ESCUDO?
Unha forma de loitar contra o acoso é a través da aceptación de nós mesmos e a aceptación da diversidade.
As características que nos diferencian dos demáis son as que nos fan únicos e especiais.
A diversidade debe entenderse como algo positivo que nos axude a medrar sans e felices.
Deixámosvos un conto moi fermoso da editorial Kalandraka, titulase Orellas de Bolboreta.
"Mara ten as orellas grandes e por eso é obxecto de burla polos seus compañeiros.
Triste, apenada e confundida pregúntalle a súa nai se é verdade que as súas orellas son grandes, a nai dille que as súas orellas non son grandes se non que son orellas de bolboreta e que serven para pintar de cores fermosas as cousas feas"
Esta resposta cambiará a forma de entender o mundo.
CALES CRES QUE SON AS TÚAS VIRTUDES E FORTALEZAS? CALES SON AS TÚAS FRAQUEZAS? QUE CRES QUE TE FAI DIFERENTE?
¡¡¡¡CÓNTANOLO!!!!
PINTA AS TÚAS MANS DE CORES EN CONTRA O ACOSO.
ALGUNHAS DIRECCIÓNS DE INTERESE.
www.noalacoso.orghttp://www.madrid.org/bvirtual/BVCM014010.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario