Páginas

sábado, 2 de maio de 2020

Os maios



Os Maios, son unha festa popular de orixe ancestral adoitándose a celebrar o 1 de  maio.
Trátase dunha celebración de orixe celta que tiña por fin adorar á divinidade primaveral ou das árbores e foise perdendo co paso do tempo.
Esta celebración é moi común en moitos países de Europa.

A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha escultura con forma de árbore chamada maio
Grupos de xente cantan coplas ou maios, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. 
Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas, noces, abelás hoxe substituídas por diñeiro.








 Debemos dicir que esta celebración tamén se fai noutros lugares limítrofes con Galicia  como é o Bierzo.


A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza (Vicente Risco)


Numerosas árbores están no seu máximo esplendor salgueiros, ameneiros, castiñeiros, vidueiros, ... Perderon as súas follas durante o inverno, e sen darnos conta ao estarmos confinados nas nosas casas enchéronse de follas de novo.
Bidueiros

Salgueiro

Castiñeiro

Ameneiros

Viche algunha destas árbores entre outras nos paseos que agora podes dar?
Aquí unha axuda proporcionada por Adega
https://drive.google.com/file/d/1cb-8RutKUGLp-QgzJ908IJgzMq99DZJL/view?usp=drivesdk


Na Cidade da Cultura Galega tamén a Raposa Fedella está a falar do bosque
https://drive.google.com/file/d/1gDclfWgMVzwIp6YjBTWh7VdvK2RoSiK3/view?usp=drivesdk

Tamén os Prados encheron de cor. Quizais non sabes o nome da multitude de flores pero convidámoste a poder descargar gratuitamente está guía da flora galega de Romero Buján.

https://drive.google.com/file/d/1cb-8RutKUGLp-QgzJ908IJgzMq99DZJL/view?usp=drivesdk


https://floradegalicia.wordpress.com/



Con estas axudas, convidámosvos a que fagades un herbario con follas e flores   que atopedes neses pequenos paseos que podedes dar polo campo
 Compartiríadelo con nós?

       lectorinbiblio@gmail.com


Tamén os paxariños deleitannos co seu canto.

 Aquí os vídeos coa imaxe e canto dalgúns deles.
Verderolo



Camachuelo común


Paporrubio
O Carrizo


O merlo

Fotografía algún Paxaro do que queirades saber o nome e o seu canto.



Os vosos traballos
Esta semana Xavi e a sua familia traballaron moito e non só fixeron un herbario se non que tamén construíron un magnífico comedeiro para os páxaros, que ben Xavi cantos paxariños vas poder observar !!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario