Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola.Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.
Diego en cambio, chámalles parvos, empuxa, pega...Mais a ledicia dos seus compañeiros compartindo bicos e aloumiños fai que Diego se sinta so e que acabe pedindo perdón.
Porque as mans xamais deben servir para facer dano, as mans deben servir para coidar, para axudar, para acariñar, para colaborar...
Nesta semana en que conmemoramos o Día da NON VIOLENCIA que mellor forma que recordar as accións positivas que podemos facer coas nosas mans?
Decoramos as nosas mans e decoramos os corredores do colexio con mans dispostas a construir un mundo mellor.
Da man dos nenos e nenas de tres anos de Educación Infantil chegan as mans máis doces que serven para debuxar, acariciar e mandar bicos.
As mans máis musicais veñen da man dos nenos e nenas de cinco anos.
Mans artísticas en primeiro.
Mans dispostas a axudar e a aplaudir en segundo.
En terceiro coas súas mans tenden unha ponte para axudar.
En cuarto... as mans máis reivindicativa
En quinto recordan ás vítimas que non estan soas.