Páginas

mércores, 30 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 O venres 22 o noso colexio quixo agasallar aos usuarios/as da residencia de Santa María do Valadouro con  cancións tradicionais de Nadal, e dinse tradicionais porque en inglés tamén os incorporamos ao reperterio clásico destas datas. 

Debido ás circunstancias actuais , fíxose unha fusión entre as tradicionais panxoliñas que ían cantar á residencia o alumnado de máis idade e unhas interpretacións tremendas de máis cántigos navideños por parte de tódolos cursos do cole. 

Aproveitando a estrada e as beirarrúas, ao aire libre e por cursos foise facendo unha representación musical chea de encanto e agarimo cara os presentes que xunto ao mestre de música fomos preparando nas datas anteriores.

Moi contentos de poder facer algo distinto este día, gracias pola axuda e comprensión dos presentes e agardamos poder contribuír a disfrutar do día. 


luns, 21 de decembro de 2020

A árbore dos bos desexos de Nadal

Un ano atípico, marcado pola presenza dun curioso inquilino, ben molesto  por certo, que non quere deixarnos, e que nos sacou da nosa vida habitual no cole. 
Por iso queremos despedir de vez este terrible ano formulando os nosos desexos de Nadal.



mércores, 16 de decembro de 2020

martes, 1 de decembro de 2020

3 de decembro día das persoas con discapacidade

O 3 de decembro celebrase a nivel mundial o Día das Persoas con discapacidade co obextivo de promover os dereitos e o benesrae das persoas con discapacidade en todos os ámbitos sociais traballando a concienciacióna  en todos os aspectos da vida.

Algúns contos










luns, 23 de novembro de 2020

Unha man-chea de ...

 Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola.Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego… Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.

 Diego en cambio, chámalles parvos, empuxa, pega... 
Mais a ledicia dos seus compañeiros compartindo bicos e aloumiños  fai que Diego se sinta so e que acabe pedindo perdón.

Porque as mans xamais deben  servir para  facer dano, as mans deben servir para coidar,  para axudar, para acariñar, para colaborar...

Nesta semana en que conmemoramos o  Día da NON VIOLENCIA que mellor forma que recordar as accións positivas que podemos facer coas nosas mans?

Decoramos as nosas mans e decoramos os corredores do colexio  con mans dispostas a construir un mundo mellor.


Da man dos nenos e nenas de tres anos de Educación Infantil chegan as mans máis doces que serven para debuxar, acariciar e mandar bicos.

En catro anos mans que axudan mans que acarician, mans que axudan.

As mans máis musicais veñen da man dos nenos e nenas de cinco anos.





Mans artísticas en primeiro.




Mans dispostas a axudar e a aplaudir en segundo.





En terceiro coas súas mans tenden unha ponte para axudar.






En cuarto... as mans máis reivindicativa


s

En quinto recordan ás vítimas que non estan soas.



En sexto mans que falan, mans musicais, mans que escriben... 




venres, 30 de outubro de 2020

De que cor pintarías o medo?

 De que cor pintarías o medo? 

Dende a biblioteca lanzamos unha actividade titulada DE QUE COR PINTARÍAS O MEDO. 

Aquí tedes as fotos dos traballos dalgúns compañeiros.

Grazas por participar ben sabedes que tedes premio!!!




























 









SAMAÍN ESPANTANDO O VIRUS

 Este ano diferente toca facer o Samaín pero coas aportación desde as casas, polo que desde o cole facemos unha recopilación das cabazas que adornan as súas entradas e mostrámosllas neste vídeo.

O venres 30 será o día de disfraces, de música do terror nos corredores, de ler e ver contos de medo, todo de xeito grupal para non mezclarse.

Desde a biblio gustaríanos aportar, con estes dous vídeo das vosas creacións!!

Noraboa polo traballo e gracias  por compartir connosco este Samaín e facelo menos diferente.







mércores, 28 de outubro de 2020

Novo protocolo

 PROTOCOLO DE BIBLIOTECA

Este ano debido á crise sanitaria tivemos que facer varias adaptacións na nosa actividade docente e con elas o funcionamento da biblioteca vírase afectado.

Tiñamos previsto que os titores accederan co seu grupo de alumnos como se facía normalmente mais o aforo da biblioteca veuse reducido a nove persoas e os grupos grandes non poderían acceder ( de feito a penas poderían ir o grupo de tres anos, segundo de primaria e cuarto). 

Polo que ante esta situación decidimos trasladar a biblioteca ás aulas facendo unha recompilación de lecturas adecuadas ao grupo de alumnos cun listado cos números dos carnets dos alumnos para levar un rexistro. Estas recompilacións irán renovándose periódicamente e incluindo novas lecturas.


Tamén tiñamos previsto abrir a biblioteca durante os recreos de tarde de xeito que cada curso tivera un día asignado. Mais o pasado día 16 de outubro aprobáronnos de forma transitoria a xornada continua de mañá. Abrir a biblioteca no recreo de maña resulta imposible xa que non temos persoal que se poida facer cargo da biblioteca (aumento de zonas de vixiancia, horarios de recreos diferentes en infantil e primaria e tres persoas con horario compartido con outros centros)


Polo que con toda a dor de corazón non poderemos abrir as nosas portas a pesares de ter todo preparado para o recibimento do alumnado.


A nosa actividade artellarase a través de propostas dende o blog da biblioteca sendo os profesores titores os que recollerán os traballos feitos polo alumnado para despois poder subir imaxes das actividades.


sábado, 24 de outubro de 2020

Día das bibliotecas escolares

 Hoxe sería o día grande da nosa Biblioteca mais este ano ademais de ser un sábado non poderíamos celebralo como viña sendo habitual, todos xuntos e desfrutando de lecturas compartidas e representacións de guiñol ou kamishibai.

Como non podía pasar desapercibida a data ... dende o equipo de biblioteca seleccionamos e fixemos entrega de varias caixas cunha recompilación de lecturas para os nenos/as neste tempo de Samaín.




xoves, 22 de outubro de 2020

Exposición telemática de cabazas





 Todos os anos por estas datas desfrutábamos dunha gran exposición de cabazas no hall do colexio.

Este ano debido á pandemia orixinada polo COVID-19 non poderemos desfrutar da súa presenza, mais negámonos a que unha festa tan arraigada no noso centro pase desapercibida. Polo que vos animamos a todos/as a decorar a vosa cabaza cabaciña e facérnola chegar!!! 

Cooooomo? 

Decora a túa cabaza, sácalle unha fotografía e fainola chegar!!

A traves do correo electrónico 

ceip.santamaria.valadouro@edu.xunta.gal


Ou por whattsapp ao número

618 812 674


Con todas esas fotografías elaboraremos un video q poderedes ver dende o blog da biblioteca!!!


martes, 20 de outubro de 2020

PREPARANDO O SAMAÍN

 


 

 

 Xa se respira o ambiente, en todos lados vemos caveiras, cabazas, meigas, arañas, pantasmas, gatos negros... pero realmente... que se esconde detrás da noite do chamado Samaín? 

En gaélico Samhain significa literalmente fin do verán e a chegada dos días máis escuros.

Conta a tradición que no Samaín era o momento en que resultaba máis sinxelo transitar entre o mundo dos vivos e os mortos. Seica nesta noite  non se recollía a mesa trala cea, xa que así as almas dos defuntos poderían alimentarse se pasaban pola casa...

Nesta noite os pobos celtas (pobos evidentemente guerreiros) collían as caveiras dos inimigos  mortos na batalla e prendían no interior destas candeas para iluminalas e colocalas  nos muros dos castros ... hoxe en día afortunadamente non empregamos caveiras mais sí limpamos cabazas e facemoslles caras espantosas.


 Entre as moitas tradicións e lendas galegas existe a chamada Santa Compaña que ten as súas raíces tamén nesta festa. Unha comitiva de defuntos dirixida por unha persoa viva que camiña silenciosmente portando candeas. Todos debemos gardarnos de atoparnos con esta procesión xa que a persoa que dirixe esta comitiva tan so se librará do seu mal pasandolle o testigo a outro.


Dispostos a pasar un pouco de medo???

 CONTOS DE MEDO

A BRUXA REGAÑADENTES

OS DEFUNTOS FALAN CASTELAO 

CORRE CORRE CABACIÑA

TOMIÑO MÁXICO 

FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS 

 

 AGORA TÓCACHE A TI

    Tiveche un chisquiño e medo? que sentiche? poderías poñerlle cor ao medo?

 Vermello coma o sangue?

negro coma a noite?

quizais laranxa coma o lume e as cabazas...

 

 

    DINOS DE QUE COR PINTARÍAS O MEDO E FAI UNHA COMPOSICIÓN ATERRADORA 

 -   O FORMATO DA COMPOSICIÓN  TAMAÑO: A4

     

  ELIXE A COR COA QUE PINTARÍAS OS TEUS MEDOS E DINOS POR QUÉ ELEXICHE ESA COR E NON OUTRA. 

        por exemplo: o negro porque é a cor da escuridade, vermello porque é a cor da sangue, ....

     



  -    PODES FACER UN COLAGE CON ANAQUIÑOS DE PAPEIS DESA COR QUE ELEXICHE

    - ELEXIR UNHA PERSOAXE ATERRADORA E DECORALA CON ESA COR

   - DECORAR UNHA CABAZA DA COR ELEXIDA

                                                                               ...

ENTREGALLO AO TEU PROFE, EL FARANOS CHEGAR  O TEU TRABALLO PARA PUBLICALO NESTE BLOG


POR SUPOSTO QUE TEREDES UN PREMIO POR PARTE DE LECTORÍN...


ANIMÁDEVOS!!!



CANCIÓNS DO SAMAÍN.

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN

NO SAMAÍN 

O SAMAÍN

OS MONSTRIÑOS 

 SAMAÍN


mércores, 14 de outubro de 2020

15 DE OUTUBRO LAVADO DE MANS

 Hoxe quince ce outubro É O DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

  este debe ser un hábito que debe formar parte da nosa rutina diaria e a través da cal evitaremos contaxios e progagación de moitas enfermidades.

    ten por fin este día que todo omundo practique unha boa hixene de mans.



Nun momento como o que estamos vivindo o lavado de mans resulta fundamental para o mantemento da nosa saúde e a de quen nos rodea.

   e ti qué tal lavas as mans??


lavar as mans

quizais se lavamos as mans cantando esta canción resulte máis divertido

canción dos dedos para lavar as mans 

 

venres, 9 de outubro de 2020

CATÁLOGO DE FONDOS NA NOSA BIBLIOTECA

 Desde este enlace que poñemos a continuacion pódense mirar os fondos documentais que temos rexistrados na biblioteca do CEIP Santa María do Valadouro. 

Se vos apetece coller un ou facer un empréstito, a todo membro da comunidade educativa se lle asignará un número de lector e poderá levalo durante 15 días (podendo renovar o préstamo) participando así da dinamización da biblioteca escolar e tratando de paliar esta falta de actividade polo Covid-19 e os protocolos educativos que a enmarcan.

CATÁLOGO DE FONDOS

mércores, 30 de setembro de 2020

TRISTE ADEUS

 

 

HOXE TEMOS QUE LAMENTAR A TRISTE NOTICIA DO PASAMENTO DE JOAQUÍN SALVADOR LAVADO TEJÓN MÁIS COÑECIDO POR QUINO OU O QUE É O MESMO O PAI DA SEMPRE XENIAL MAFALDA





 


aquí vos deixamos o enlace á súa páxina oficial.https://www.quino.com.ar/

ESTAMOS DE VOLTA

Aínda que estamos a piques de comezar outubro a nosa biblioteca non está aínda debidamente acondicionada dacordo á situación que estamos vivindo debido á pandemia mundial aínda que sí xa temos elaborado o pertinente protocolo para poder acceder á mesma.

 AQUÍ VOS DEIXAMOS AS PRINCIPAIS IDEAS DESTE PROTOCOLO

 -O aforo da biblioteca do CEIP Santa María do Valadouro debido ás reducidas dimensións da mesma será de oito persoas sen contar o profesro de garda en cumpriimento á normativa de seguridade do protocolo establecido.

 - Abrirá en horario lectivo durante os recreos de tarde os luns, mércores e venres tendo cada curso un día asignado dúas veces ao mes. 

Primeira e terceira semana de mes: luns primeiro, mércores segundo venres terceiro de primaria Segunda e cuarta semana de mes: luns cuarto mércores quinto venres sexto. 

 - O alumnado de Infantil accederá co seu titor á biblioteca no horario asignado para tal fin como viña sendo habitual en anos anteriores.

 - O alumnado accederá á biblioteca pola única porta existente gardando en todo momento a distancia de seguiridade empregando a máscara en todo momento. Tan pronto accedan farán uso do hidroxel situadO á man esquerda

 - O alumnado poderá acceder á biblioteca fora do horario establecido nos recreos de tarde en compaña do seu profesor titor na hora asignada para o seu curso gardando en todo momento as distancias de seguridade. 

 

 - Os lugares asignados para sentar estarán debidamente identificados. - cando un alumno acceda á biblioteca daráselle un adhesivo de cor para que o deixe pegado no lugar que ocupou co fin de proceder á posterior desinfección.

PRÉSTAMO DE LIBROS: Existirá un libro de préstamos por titoría cos números de carne dos alumnos no cal o titor anotará o número de rexistro do libro que o alumno levará emprestado. Posteriormente os encargados de biblioteca procederán a efectuar o préstamo no programa. Tralo acceso á biblioteca de cada grupo as fiestras deben permanecer abertas antes de que entre outro grupo. As titoras de infantil farán unha selección de libros para a súa aula que se irán emprestando ao longo do primeiro trimestre entre os nenos/ nenas da aula gardando as pertinentes corentenas antes de viaxar a outra casa.

 

 DEVOLUCIÓN: O alumnado depositará os libros emprestados nunha caixa situada na aula o día que o titor designe. Estes libros posteriormente serán depositados na biblioteca cunha anotación do día que foron entregados co fin de que garden a corentena correspondente. Tras pasar a pertinente corentena serán devoltos e colocados nos seus andeis polos responsables de biblioteca. 

 

OUTROS PRÉSTAMOS: Poderán tomar prestados libros na biblioteca aqueles nenos/as que o desexen pero para elo deben informar ao profesor de garda que libro desexan coller, non collerán eles os libros dos andeis. Cando rematen coa lectura, deixarán os libros depositados no carriño lector co fin de que garden a respectiva corentena no carro antes de volver aos andeis. 

 

 COLABORADORES: designaranse un total de oito colaboradores: dous de terceiro, dous de cuarto, dous de quinto e dous de sexto para que sirvan de difusores das actividades deseñadas dende o blog da biblioteca animando á participación Todas as actividades estarán debidamente explicadas no blog da biblioteca para que aqueles nenos que o desexen participen e que coñezan de primeira man toda a información. Os traballos serán enviados ben telemáticamente, entregados ao titor/a ou aproveitando os recreos asignados por curso (que se depositarán os traballos na bandexa destinada para a recollida destes traballos. Todos os traballos serán publicados na páxina da biblioteca así coma os gañadores/as no caso de realizárense concursos.

 

 NON SE PODERÁN USAR OS ORDENADORES DA BIBLIOTECA NON SE PODE FACER USO DO RECANTO MAKER DE FORMA AUTÓNOMA. O seu acceso será restrinxido de forma individual e en presenza do profesor.

xoves, 4 de xuño de 2020

5 xuño Día do Medioambiente

O 5 de xuño celébrase  a nivel mundial o Día do Medio Ambiente.
A celebración deste día ten potñr fin sensibilizar á poboación mundial da necesidade de coidar o noso medio.

A asociación ecoloxista ADEGA celebrará unha palestra virtual baixo o título: "Biodiversidade e Covid-19: unha oportunidade perdida?", na que o biólogo e naturalista Cosme Damián Romay Cousido analizará o impacto da COVID-19 na biodiversidade, e se a crise sanitaria influíu dalgún xeito na concepción dunha correcta xestión da diversidade biolóxica. A súa palestra será emitida en directo por Youtube e na páxina web de ADEGA, desde as 18:30 horas.
  

https://m.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=pDhZLN3fo0s


Convidámosvos a que saquedes Unha foto que ilustre unha acción cara a protección da natureza e que completedes a IMAXE cunha frase É A HORA DE...

Enviade esa imaxe para publicar a...

bibliovaladouro@gmail.com