Páginas

venres, 28 de maio de 2021

Vai en bici ata a escola

Esta derradeira semana do mes de maio continuamos con plan do alumnado de Primaria " Camiña ou en bici ata a escola" co obxectivo de mostrarlle á rapazada que tanto camiñando como na bici, poden acudir ao centro diariamente, sempre poñendo por diante a seguridade nos desprazamentos  en función do tipo de percorrido.

Isto potenciará  unha autonomía necesaria, maior activade física cotiá, favorecer o transporte non contaminante e uns hábitos de vida saudable moi recomendables para o futuro.

Desta, tocoulle a rutas en bici con distancias adaptadas a cada curso, con axuda de mestres e protección civil. Visita das parroquias anexas ao centro e explorar os distintos camiños do entorno.

Durante a semana, nas sesións de EF e recreos, prácticas previas, exercicios sobre a bici e estratexias para ir en grupo.

Para máis información, visiten o enlace e vexan as fotos para deducir. 



preme aquí para ver FOTOS e VIDEOS  da actividade

venres, 21 de maio de 2021

Camiña ata a escola

  Esta semana de maio tocounos facer camiñatas en dous días, primeiro cos cursos de1º, 2º, e 3º  saíndo do cole a camiñando ata a igrexa da Casela e volta por Zaragoza. Neste percorrido practicamos a circulación como peóns, sempre pola esquerda, por parellas e pendentes dos vehículos que circulan pola estrada. Xa de paso, prestando atención ás beiras da estrada e observando, analizando as plantas, especies arbóreas e animais que nos encontramos. Na metade fixemos un descanso para hidratarse e merendar, antes da volta cara o cole.

Na mesma dinámica os cursos de 4º, 5º e 6º que foron camiñando ata encontrar o Pozo de Onza atravesando pola Laxe e volta por San Cristovo, atravesando ao chegar o pobo de Ferreira. Neste senso, dicurriu  o traxecto por sendeiros de monte e algo de estradas secundarias. Excelentes vistas e paraxe natural no punto medio de parada para a merenda. A cascada e a ruta pola beira do río, moi interesantes.



xoves, 20 de maio de 2021

Os Maios e Leandro Lamas


A festa dos maios ou tamén coñecida simplemente como Os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. 

Esta festa aínda que se adoita celebrar o día 1 de maio este ano celebrámola ao longo da semana  do dez de maio. 

Antigamente tiña connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores , connotacións que co paso do tempo se foron perdendo ao igual que a festa en si nesta zona de GAlicia. 


Ao longo desta semana os alumnos/as foron traendo flores e follas do noso entorno e fomos adornando en pequeno grupo os nosos maios, aprendendo unha cantiga e facendo unha lámina alusiba a esta celebración que no seu día creou o debuxante Leandro Lamas.

Como premio final a este tan elaborado traballo  tivemos a visita do mesmísima Leandro Lamas, que nos ensinou a realizar unha làmina ambientada precisamente nos Maios. 

 

Aquí unha pequena escolma do traballo realizado ao longo da semana así coma no Obradoiro Creativo de Leandro Lamas.

 






































 



mércores, 12 de maio de 2021

AS NOSAS LETRAS-GALEGAS DO VALADOURO

Nesta entrada do blog imos recoller o xeito de entender, actuar, pensar, traballar,etc coa ferramenta de expresión lingüística que mellor dominamos, a que máis amamos e a que nos fai sentir orgullosos; a nosa lingua galega. Cada curso fixo unha creación propia sobre a escritora, Xela Arias, unha veciña da provincia que tantas cousas comparte connosco e que contribuíu de boa maneira a conservar o noso idioma. Falamos de todo que ten que ver coas letras galegas e con quen se lle adican este ano, así nós pretendemos tamén aportar algo para que este día e sobre todo esta lingua sexa motivo de celebración entre nós a diario, (como Darío a diario).

 


Neste enlace poderás consultar todo o que desexes sobre Xela Arias. http://seminariogalan.org/inicio/2021/documentos

XOGO XELA ARIAS