Páginas

mércores, 27 de novembro de 2019

XA ABONDA DE TANTA VIOLENCIA

 
Conmemoración das que por desgracia, se están facendo moi necesarias e comúns para reivindicar o cambio na sociedade e na forma de comportarnos entre persoas. Non podemos deixar a ocasión para manifestas que estas condutas non poden ser normativizadas, non se poden deixar pasar, non deben quedar sen castigo e sobre todo que poidamos reflexionar sobre que nos leva a ser violentos e a cometer erros tan graves entre iguais.

O alumnado de 6º e 5º de Primaria  leu un manifesto en contra da violencia, centrándose no que pode acontecer nos seus rangos de idade, en problemas entre nenos e nenas, nas actuacións desmedidas ante a rabia e valorar que nos leva a agredir física ou verbalmente a compañeir@s.


Despois cantamos nos corredores do centro a canción de Rozalem, "la puerta violeta" acompañados pola guitarra do mestre de música. Emocionad@s despedim@s  este día coa idae de facer extensible esta celebración.





Ó día seguinte, fomos convidados polo Concello a un teatro sobre a igualdade de nenos e nenas, polo que o centro con todo o seu alumnado estivo presente nas historias dos contos superclásicos adaptados ou modificados en favor de que todos somos iguais.





Durante esta semana do 25 tivemos no centro unha sexóloga que foi curso por curso de Primaria, impartindo charlas adaptadas a súa idade e preparando aos rapaces/zas para enfrontarse a súa sexoloxía.
Para os pais e nais, estas charlas serán o luns 2 de decembro de 16:00 a 18:00 na casa da Cultura. Moi didácticas e amenas.

DEREITOS D@ NEN@


O alumnado de Infantil reuniuse en varias ocasións durante a semana do 20 de novembro para celebrar este día dos dereitas de nenos e nenas.
Agrupados na aula de 3 e previa distribución  de tarefas para cadas curso, xuntáronse o mércores 20 para aunar forzas e deixar constancia dos seus dereitos como nen@s, colocando arredor do planeta Terras fotos da diversidade poboacional, porén expresan que eles están presentes alí onde sexa e como sexan para aportar felicidade e moitas lecións morais





mércores, 13 de novembro de 2019

Magosto e Samaín no Valadouro

Aprazando a xornada de Samaín, (30 de outubro) para facela coincidir co Magosto, agardamos ata o venres 8 de novembro para facer unha gran festa durante todo o día con numerosas actividades no CEIP  Pulrilingüe Santa María do Valadouro.

A comezos da semana, en Infantil foron argallando actividades para ir introducindo ao alumnado nas diferentes actividades que xiran arredor do Samaín e Magosto: comidas con formas terroríficas, pócimas, decoración de magosto, cucuruchos de castañas e ....


Xa desde ben iniciada a mañán, tódolos cursos e seguindo unha quenda foron quen de pasar polos corredores do colexio e apreciar o traballo feito dos distindos cursos, das cabazas expostas, da decoración, da música de ambiente e do tenebroso que se poñia o ambiente.
Desde a entrada ata a biblio ata  foron pasando e vendo as súas creacións, dando color e aire festivo a este conmemoración anual, moi clásica nos centros educativos.




En Primaria e nos cursos que máis o demandaban o ambiente foise poñendo de máis e máis medo, tratando de contar historias sobre as bruxas e o que estas facían polos prados e leiras do Valadouro. Tal e como o alumnado foi contando na apócema da bruxa, algúns milagres sucedían nese treito e todo era posible gracias aos ingredientes introducidos na pota da bruxa.....




Cando chegaban  a biblio, alí parecía que estaban en lugar seguro, polo que tiñan seleccionados por niveis uns contos sobre o Samaín e para rematar unha canción que poñía a nota de alegría neste día.


Despois de comer, no polideportivo reuniómonos todos para celebrar con música, bailes, xogos e castañas esta festa tan ancestral e galega.  Para iso invitamos tamén as familias a que nos acompañasen  e xuntos puidemos pasar unha tarde de festa.