Os Maios, son unha festa popular de orixe ancestral adoitándose a celebrar o 1 de maio.
Trátase dunha celebración de orixe celta que tiña por fin adorar á divinidade primaveral ou das árbores e foise perdendo co paso do tempo.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha escultura con forma de árbore chamada maio.
Grupos de xente cantan coplas ou maios, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus.
Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas, noces, abelás hoxe substituídas por diñeiro.
A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza (Vicente Risco)
Bidueiros |
Salgueiro |
Castiñeiro |
Ameneiros Viche algunha destas árbores entre outras nos paseos que agora podes dar? Aquí unha axuda proporcionada por Adega |
Na Cidade da Cultura Galega tamén a Raposa Fedella está a falar do bosque
https://drive.google.com/file/d/1gDclfWgMVzwIp6YjBTWh7VdvK2RoSiK3/view?usp=drivesdk
Tamén os Prados encheron de cor. Quizais non sabes o nome da multitude de flores pero convidámoste a poder descargar gratuitamente está guía da flora galega de Romero Buján.
https://drive.google.com/file/d/1cb-8RutKUGLp-QgzJ908IJgzMq99DZJL/view?usp=drivesdk
https://floradegalicia.wordpress.com/
Con estas axudas, convidámosvos a que fagades un herbario con follas e flores que atopedes neses pequenos paseos que podedes dar polo campo
Compartiríadelo con nós?
lectorinbiblio@gmail.com
Tamén os paxariños deleitannos co seu canto.
Verderolo
Camachuelo común
Paporrubio
O Carrizo
O merlo
Fotografía algún Paxaro do que queirades saber o nome e o seu canto.
Os vosos traballos
Esta semana Xavi e a sua familia traballaron moito e non só fixeron un herbario se non que tamén construíron un magnífico comedeiro para os páxaros, que ben Xavi cantos paxariños vas poder observar !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario