luns, 25 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

O venres 22 celebramos o día de Rosalía.
Para tal celebración preparamos unha serie de actividades dende a biblioteca nas cales o alumnado foi o principal protagonista.

Elixiron un poema para ilustrar despois de escoitar varios poemas interpretados por diversos artistas galegos: Astarot,  Ser, Amancio Prada, Carlos Núñez.

Outro grupo decidiu non so ilustrar un poema se non tamén darlle vida á través dun kamishibai.









Outras dúas nenas interesaronse máis pola vida da artista e en colaboración co profesorado elaboraron un power point que ilustrar a súa vida.

Rematamos o día cunha alborada que adicamos a Rosalía tras dar lectura á alborada que ela escribiu.

A nivel de centro todos os nenos ao finalizar o día levaron un marcapáxinas rosaliano e unha pegatina que o equipo de biblioteca deseñou.