Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA


 O día 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, o cal foi aprobado pola UNESCO no ano 1999.
  O obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística mediante a expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser unha forma de comunicación artística nas súas comunidades.
Ten tamén como fin fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que se vexa como outra forma de expresión de valores e reafirmación da identidade .


Deixámosvos  un conto en verso que cremos que pode ser moi útil  e enriquecedor para  todos e todas  sobre todo nos días que estamos vivindo.



E como non,tamén  unha pequena plantilla que podedes descargar e despois escribir /debuxar sobre ela os vosos sentimentos respecto ao que está a acontecerr ao noso redor estes días.


 Se vos apetece podedes enviar o resultado á dirección de correo da biblioteca para que despois subamos as vosas creacións  

bibliovaladouro@gmail.com


luns, 9 de marzo de 2020

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O Día Internacional da Muller leva celebrándose moitos anos para reclamar que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e oportunidades.
Hai que recordar que, ata non hai moitos anos, en España unha muller non podía ir votar, abrir unha conta nun banco ou  traballar sen o permiso do marido.
O esforzo de moitas mulleres e homes, que crían que unha sociedade igualitaria era unha sociedade mellor, fixo que as leis foran establecendo medidas para o equiparamento dos dereitos de homes e mulleres.
Así e todo, aínda que houbo moitos avances, hai que seguir traballando para que non haxa nunca discriminacións nin violencia e para que consigamos vivir todos nunha sociedade máis xusta e plena.



martes, 3 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020

O venres 28  de febreiro celebramos por todo o alto a gran festa do Entroido no colexio.
Como vén sendo habitual, estaba presente toda a comunidade educativa con moito ambiente festivo e moita carallada.

A primeira parte dos actos discurriu no polideportivo, onde comezabamos cunhas cancións, bailes e interpretacións de cada curso.

Pasando cada un destes a cantar as súas propias murgas que tantos recreos e tempos libres lles levou argallar. 

Todos xuntos cantamos unha murga do Entroido.

Con estas letras fixeron rir e deixaron sorprendidos ás numerosos familias que estaban nas gradas presenciando semellantes espectáculo.

Despois tomamos un chocolate e uns doces que preparou a ANPA do colexio, sobra dicir que nos puxemos de Entroido...

Pasamos a ler o testamento e as Últimas Vontades dos señores de Entroido que serían enterrados (no centro había rumores de que eran uns Hackers).

Tod@s xuntiñ@s  fomos facer un desfile polas cercanías do centro educativo onde a colaboracón de familias foi esencial, amais de aportar o toque colorido do día e contribuír no bo ambiente.

En chegando ao polideportivo de volta, houbo tempo de baile e música para que caun expresase o seu ritmo e troula.

Xa contra o final da mañán fomos quen de enterrar os "difuntiños" e chorar na súa despedida (que bos eran, incluso despois de morrer, meus pobres).

Así demos por rematado o ENTROIDO deste ano 2020.



venres, 10 de xaneiro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

Na xornada final de trimestre e como celebración de Nadal, o venres 20 celebramos no cole o festival.
Foi nas semanas previas cando as diversas actividades feitas estaban encamiñadas á decoración dos diferentes espazos, a manualidades propias ou a ensaios. Houbo de todo no tocante ao NADAL.
Primeiramente o alumnado centrouse en poñer o ambiente característico destas datas, tanto nos corredores da entrada, como nos da biblio, como nos das aulas e decorando as súas clases, con árbores, adornos, cintas e demais.

Así tamén houbo tempo de facer ensaios e preparar o atuendo necesario para cada actuación do festival. Vexan aquí unha mostra das actuacións de cada curso.


VER FOTOS DE ACTUACIÓNS DE NADAL

3 ANOS


4 ANOS


5 ANOS


1º EP


2º EP


  3º EP 



4ºEP



 5º 6º EP



 

3º 4º 5º 6º GRUPO DE FLAUTA

mércores, 27 de novembro de 2019

DEREITOS D@ NEN@


O alumnado de Infantil reuniuse en varias ocasións durante a semana do 20 de novembro para celebrar este día dos dereitas de nenos e nenas.
Agrupados na aula de 3 e previa distribución  de tarefas para cadas curso, xuntáronse o mércores 20 para aunar forzas e deixar constancia dos seus dereitos como nen@s, colocando arredor do planeta Terras fotos da diversidade poboacional, porén expresan que eles están presentes alí onde sexa e como sexan para aportar felicidade e moitas lecións morais





mércores, 13 de novembro de 2019

Magosto e Samaín no Valadouro

Aprazando a xornada de Samaín, (30 de outubro) para facela coincidir co Magosto, agardamos ata o venres 8 de novembro para facer unha gran festa durante todo o día con numerosas actividades no CEIP  Pulrilingüe Santa María do Valadouro.

A comezos da semana, en Infantil foron argallando actividades para ir introducindo ao alumnado nas diferentes actividades que xiran arredor do Samaín e Magosto: comidas con formas terroríficas, pócimas, decoración de magosto, cucuruchos de castañas e ....


Xa desde ben iniciada a mañán, tódolos cursos e seguindo unha quenda foron quen de pasar polos corredores do colexio e apreciar o traballo feito dos distindos cursos, das cabazas expostas, da decoración, da música de ambiente e do tenebroso que se poñia o ambiente.
Desde a entrada ata a biblio ata  foron pasando e vendo as súas creacións, dando color e aire festivo a este conmemoración anual, moi clásica nos centros educativos.




En Primaria e nos cursos que máis o demandaban o ambiente foise poñendo de máis e máis medo, tratando de contar historias sobre as bruxas e o que estas facían polos prados e leiras do Valadouro. Tal e como o alumnado foi contando na apócema da bruxa, algúns milagres sucedían nese treito e todo era posible gracias aos ingredientes introducidos na pota da bruxa.....




Cando chegaban  a biblio, alí parecía que estaban en lugar seguro, polo que tiñan seleccionados por niveis uns contos sobre o Samaín e para rematar unha canción que poñía a nota de alegría neste día.


Despois de comer, no polideportivo reuniómonos todos para celebrar con música, bailes, xogos e castañas esta festa tan ancestral e galega.  Para iso invitamos tamén as familias a que nos acompañasen  e xuntos puidemos pasar unha tarde de festa. 







venres, 11 de outubro de 2019

FEIRA DO MEL NO VALADOURO

En Ferreira do Valadouro destacan as grandes producións de mel. unha actividade que lles resulta moi coñecido ao noso alumnado. O 12 de outubro celébrase a FEIRA DO MEL, a cal unha enmarca numerosa oferta cultural. Proba diso foi o concurso de debuxos para o cartel que anuncia dita feira, polo que o alumnado do noso colexio participou e tamén resultou premiado por cursos pola súa colaboración.
Este venres 11 fomos ver unha exposición informativa do Consello Regulador de Mel de Galicia, cal é o seu traballo e como se elabora o proceso de mel. Probamos o material, coñecemos clases de abellas, canto viaxan, o que traballan, que tipo de mel fan segundo a súa alimentación...

De regalo, levamos un tarro de mel, un globo e un tríptico ...e a parte,  tamén trouxemos os premios de cada curso, estes foron para (ver fotos).




PAKO PAKOLAS

O pasado venres 13 de setembro fomos  convidados polo Concello a unha actuación de Pako Pakolas.  
Na súa xira de promoción do libro Pakolas,  o autor Paco Cerdeira e a ilustradora Laura Romero viaxaron ata a casa da cultura do Valadouro para contar as aventuras deste libro. En todo momento puidemos cantar e ver unha debuxante en vivo que ía ilustrando as historias musicais do contacontos. 
Divertido de ler e por suposto, moi ameno para disfrutar en directo.