Amosando publicacións coa etiqueta arte b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 4 de abril de 2020
NOVA INICIATIVA: CREA O TEU MUSEO.
A Rede Museística de Lugo viuse obrigada a pechar as portas dos museos da rede, pero non renuncia a seguir traballando polo que abriu fiestras virtuais aos museos das nosas vidas, é decir ao museo de cada un de nós para contar e compartir os nosos propios relatos.
Estes días, estiveron traballando con nenos e nenas coma todos vós na construción dos seus museos persoais cos recursos que lles foron proporcionando e ofrécennos a oportunidade de participar.
http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=9&id=3312
ANIMÁDESVOS?
http://www.museolugo.org/archivos/docs/3312_Museal%20(Paula)%202.mp4
Se vos animades, irémosvos planteando actividades artísticas para que fagades nas vosas casas en compaña da vosa familia. Se nolas devolvedes serán entregadas á rede museística que irán colgando no voso museo persoal.
martes, 31 de marzo de 2020
1 de abril día das artes galegas
O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, homenaxea este ano ao arquitecto Domingo de Andrade.
A maior parte da súa obra pode apreciarse en Santiago de Compostela, mais tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.
Quen foi Domingo de Andrade?http://xacopedia.com/Andrade_Domingo_de
Unha das maiores obras de Domingo Andrade foi a chamada Torre do Reloxo. dende o CEIP DE MOSTEIRÓN ofrécennos este marcapáxinas para colorear.
![]() |
Cartel conmemorativo, realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia compostelá.
XOGAMOS???
QUE TAL SE FAS UNHA IMITACIÓN DESTE CARTEL E NOLO ENVÍAS?
|
venres, 27 de marzo de 2020
DÍA MUNDIAL DO TEATRO
Hoxe 27 de marzo celebrase o día internacional do teatro.
Vense celebrando dende o ano 1961 e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro (ITI) Tendo por finalidade dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
Vense celebrando dende o ano 1961 e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro (ITI) Tendo por finalidade dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
a imaxe máis familiar do tatro son as máscaras de comedia e traxedia. Foron creadas ala polo 600 antes de cristo no teatro grego.
xurdiu como una celebración relixiosa do Deus Dionisio. Normalmente son un símbolo da identidade da persoaxe ou das emocións que os actores e actrices representan.
Anímaste a decorar estas máscaras?
se non tes medios para poder imprimilas podes recortar a forma nun folio en branco e despois … a decorar! poden saír ideas fantásticas. Compártelas con nós?
Nestes días de confinamento pode ser una boa o/pción ver una obra teatral
https://bit.ly/Teatro-TodosLosP%C3%BAblicos-CLM
http://teatroteca.teatro.es/opac/#
https://bit.ly/Teatro-TodosLosP%C3%BAblicos-CLM
http://teatroteca.teatro.es/opac/#
tamén vos deixamos un listado de obras teatrais en galego
e como non o enlace a algunas cancións dun grupo teatral orientado aos nenos como é Migallas Teatro ...
luns, 23 de marzo de 2020
23M nós ficamos na casa con Leandro Lamas
Hoxe ficamos na casa e asistimos a unha clase maxistral da man do artista Leandro Lamas.
Aquí vos deixamos os pasos para facer un debuxo e animar a Nosa tarde.
Que tal se o intentamos todos/as veña animádevos a enviar ao correo da biblio as vosas creacións para facerllas chegar a el
bibliovaladouro@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















