Amosando publicacións coa etiqueta deporte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta deporte. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de maio de 2021

Vai en bici ata a escola

Esta derradeira semana do mes de maio continuamos con plan do alumnado de Primaria " Camiña ou en bici ata a escola" co obxectivo de mostrarlle á rapazada que tanto camiñando como na bici, poden acudir ao centro diariamente, sempre poñendo por diante a seguridade nos desprazamentos  en función do tipo de percorrido.

Isto potenciará  unha autonomía necesaria, maior activade física cotiá, favorecer o transporte non contaminante e uns hábitos de vida saudable moi recomendables para o futuro.

Desta, tocoulle a rutas en bici con distancias adaptadas a cada curso, con axuda de mestres e protección civil. Visita das parroquias anexas ao centro e explorar os distintos camiños do entorno.

Durante a semana, nas sesións de EF e recreos, prácticas previas, exercicios sobre a bici e estratexias para ir en grupo.

Para máis información, visiten o enlace e vexan as fotos para deducir. 



preme aquí para ver FOTOS e VIDEOS  da actividade

luns, 6 de abril de 2020

Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz.




O deporte ten o poder de cambiar o mundo e historicamente desempeñou un papel importante en todas as sociedades, xa sexa en forma de competicións deportivas, de actividade física sen máis ou mesmo de xogos. É un dereito fundamental e unha ferramenta poderosa para fortalecer os lazos sociais e promover o desenvolvemento sostible, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto.
Mesmo desde o confinamento nos nosos fogares, podemos unirnos e compartir formas creativas para mellorar a nosa saúde e benestar a través do deporte e a actividade física. Para celebrar o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, pedímosvos que vos manteñades activos, sans e solidarios nestes tempos de distanciamento físico e social. O espírito de equipo axudaranos a superar xuntos a incerteza e as dificultades actuais.

En situacións normais convidariámosche a realizar algunha actividade física ao aire libre ou participar dalgún maratón ou outra actividade relacionada co deporte, con todo, como debemos permanecer no fogar ata novo aviso, pola crise do coronavirus, convidámosche a realizar exercicios en casa, xa sexa aerobics, ioga ou outra actividade deportiva da túa preferencia, grava un vídeo e mándao oa blog ou deixa unha mensaxe sobre a importancia do deporte para a saúde e a paz.

bibliovaladouro@gmail.com