Amosando publicacións coa etiqueta debuxos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta debuxos b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 4 de abril de 2020
NOVA INICIATIVA: CREA O TEU MUSEO.
A Rede Museística de Lugo viuse obrigada a pechar as portas dos museos da rede, pero non renuncia a seguir traballando polo que abriu fiestras virtuais aos museos das nosas vidas, é decir ao museo de cada un de nós para contar e compartir os nosos propios relatos.
Estes días, estiveron traballando con nenos e nenas coma todos vós na construción dos seus museos persoais cos recursos que lles foron proporcionando e ofrécennos a oportunidade de participar.
http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=9&id=3312
ANIMÁDESVOS?
http://www.museolugo.org/archivos/docs/3312_Museal%20(Paula)%202.mp4
Se vos animades, irémosvos planteando actividades artísticas para que fagades nas vosas casas en compaña da vosa familia. Se nolas devolvedes serán entregadas á rede museística que irán colgando no voso museo persoal.
xoves, 2 de abril de 2020
2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, dous de abril temos dúas celebracións tan importantes como diferentes:
* DÍA DO LIBRO INFANTIL: celébrase na honra a Hans Christian Andersen (que naceu nesta mesma data no ano 1805), creador de contos para nenos e nenas que seguro tod@s nós coñecemos como "O patiño feo", "A sereiña" ou "O soldadiño de chumbo".
* DÍA DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO: celébrase para por en releve a necesidade e contribuir á mellora na calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar una vida plena e gratificante como parte integrante da sociedadade.
MAIS hoxe quixemos UNIFICAR ámbalas dúas efemérides e por iso vos presentamos a adaptación "ao noso" modo" dun libro titulado
O LIBRO DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO de Ellen Sabin
aquí vos deixamos o enlace para que o poidades desfrutar
https://drive.google.com/open?id=1j2qLeVWJhmsRQRsEspGp0NWkEyTX-uiZ
agora tócache a ti?
EN QUE OCASIÓNS TE SINTES DIFERENTE?
COMO CHE GUSTA QUE TE TRATEN NESES MOMENTOS?
cóntanolo en bibliovaladouro@gmail.com
igual...,NON che apetece ESTA ACTIVIDADE, quizais che apetece algo máis...CREATIVO
ATRÉVESTE A DESEÑAR O ANUNCIO DUN DESTES LIBROS DE CHRISTIAN ANDERSEN?
A SEREIÑA
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O PATIÑO FEO
enlaces de interese:
CURTAMETRAXE O SOLDADIÑO DE PLOMO
ORGANIZACIÓN ESPAÑOLA PARA O LIBRO INFANTIL E XUVENIL
CONCURSO GALIX ATA O DÍA 10 DE ABRIL
luns, 23 de marzo de 2020
23M nós ficamos na casa con Leandro Lamas
Hoxe ficamos na casa e asistimos a unha clase maxistral da man do artista Leandro Lamas.
Aquí vos deixamos os pasos para facer un debuxo e animar a Nosa tarde.
Que tal se o intentamos todos/as veña animádevos a enviar ao correo da biblio as vosas creacións para facerllas chegar a el
bibliovaladouro@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















