mércores, 23 de outubro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Este ano, o 24 de outubro celébrase o santo de Lectorín, o noso padriño da biblioteca, polo tanto é a súa festividade e cremos que tamén a de outras bibliotecas escolares de Galicia. Foi así que argallamos unhas lecturas divertidas e unha presentación da nosa biblio, falmos de cales son os momentos para ir ler, canto está aberta, cales son as súas normas, etc.  
No Valadouro , adiantámonos un día a esta celebración, por mor da excursión que farán mañán algúns grupos e así estar tod@s ó completo.
Resultou unha xuntanza moi amena, onde estivo o alumnado moi atento e os contadores/as de contos moi dinámicos i expresivos. "Non quero ser un polbo" e "A que sabe a lúa"  para Infantil  e os Kamishibai de "O gato sol" e " Hans e a princesa"para Primaria foron as lecturas que escollemos.
Destacar o traballo do alumnado de 5º e 6º  que tamén fixo un vídeo coas normas sobre como usar a bibioteca para sacarlle un maior proveito.












venres, 11 de outubro de 2019

FEIRA DO MEL NO VALADOURO

En Ferreira do Valadouro destacan as grandes producións de mel. unha actividade que lles resulta moi coñecido ao noso alumnado. O 12 de outubro celébrase a FEIRA DO MEL, a cal unha enmarca numerosa oferta cultural. Proba diso foi o concurso de debuxos para o cartel que anuncia dita feira, polo que o alumnado do noso colexio participou e tamén resultou premiado por cursos pola súa colaboración.
Este venres 11 fomos ver unha exposición informativa do Consello Regulador de Mel de Galicia, cal é o seu traballo e como se elabora o proceso de mel. Probamos o material, coñecemos clases de abellas, canto viaxan, o que traballan, que tipo de mel fan segundo a súa alimentación...

De regalo, levamos un tarro de mel, un globo e un tríptico ...e a parte,  tamén trouxemos os premios de cada curso, estes foron para (ver fotos).




PAKO PAKOLAS

O pasado venres 13 de setembro fomos  convidados polo Concello a unha actuación de Pako Pakolas.  
Na súa xira de promoción do libro Pakolas,  o autor Paco Cerdeira e a ilustradora Laura Romero viaxaron ata a casa da cultura do Valadouro para contar as aventuras deste libro. En todo momento puidemos cantar e ver unha debuxante en vivo que ía ilustrando as historias musicais do contacontos. 
Divertido de ler e por suposto, moi ameno para disfrutar en directo.

xoves, 10 de outubro de 2019

SAEN OS MALETÍNS VIAXEIROS

Este venres saen os maletíns viaxeiros con destino as vosas casas para acompañarvos durante unha semana e poder disfrutar do seu contido.
Tódolos venres sairá para unha casa diferente e terá que vir de volta o  xoves vindeiro, co cal estará unha semana convosco,
Dentro da maleta hai un listado co material, acompañado polo libro viaxeiro no cal podedes debuxar algo que vos chamase a atención.
Agardamos que disfrutedes da lectura e dita maleta vos sirva para entretervos arredor das palabras.