Remata este curso 2017-2018 para todos. Día especial e día de despedidas.
Para este día dende a biblioteca organizouse un espectáculo que se celebrou na casa da cultura " Biblio conta" que estivo do máis interesante.
Posteriormente desfrutamos con xogos musicais no poli e coa maravillosa festa da espuma na que tanto alumnado como profesorado desfrutaron.
Bo verán.
xoves, 28 de xuño de 2018
Visita dos xogadores e entrenador do Burela F.S.
Recibimos con gran espectación a visita do entrenador do Burela F.S. Juanma Marrube e dos seus xogadores Renato e Sergio Cora e unha das xogadores do equipo feminino Judith.
Deron unha charla na biblioteca ao alumnado de primaria sobre a importancia da realización de exercicio físico para ter unha vida sana.
Ademáis faláronnos da importancia do sacrificio e o esforzo no deporte ao igual que na vida diaria na escola.

Exposición artística Pepe Blanco
No mes de maio en Ferreira celebrase o mercado de primavera ou o chamado "mercado das zocas". Por este motivo en días previos a este celebración fixemos unha saída a unha exposición moi especial.
Pepe Blanco, artista local, explicounos unha exposición súa sobre a elaboración das zocas.
De cara o ano que ven faremos máis actividades en conxunto coa súa colaboración.
Letras Galegas
O día de 16 de maio celebramos as nosas letras por todo o alto.
A primeira hora da mañá visitounos a científica Angeles García_Boente Carro de "Tu y yo... educa" a cal fixo na biblioteca demostracións científicas adaptadas ás distintas idades do noso alumnado, divididos en tres grupos.
Posteriormente deu comezo o festival das letras.
Cada clase con motivo deste día, preparou un poema ou fragmento dunha obra da autora homenaxeada María Victoria Moreno, e representárono ao resto dos compañeiros.
O festival foi amenizado cunhas cancións preparadas polo mestre de música do centro xunto

Charla sobre emerxencias e primeiros auxilios
O día 30 de abril tivemos unha visita moi especial de distintos corpos adicados a atención en emerxencias como: bombeiros, técnicos de ambulancia, gardas civís, SEPRONA ....
Ao longo de toda a mañá fixeron diversas demostracións do seu traballo aos nenos e nenas.
Así mesmo na biblioteca tivo lugar unha charla dirixida ao alumnado de Educación Primaria sobre emerxencias e primeiros auxilios a cargo de Iago Pernas Álvarez técnico sanitario.

DÍA 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.
Para conmemorar este día tan importante fixemos diversas actividades.
Os nenos de infantil elaboraron uns marcapáxinas moi bonitos.
Os alumnos e alumnas de primaria en días previos a esta celebración continuaron coa elaboración do libro viaxeiro xa iniciado o curso pasado. Este libro foi pasando polas distintas aulas. O alumnado de Educación Infantil encargouse da súa ilustración.
Asistimos tamén ao espectáculo de sombras chinesas "O mundo máxico de Ian e Elisa" na casa da cultura de O Valadouro.
Como remata ás actividades deste día, os nenos de sexto curso leron o libro viaxeiro que entre todos fixemos.
ANTROIDO
Este ano dende a biblioteca en colaboración cunha nai no noso centro, oriunda do sur de Ourense, explicouselles aos nenos algunhas das tradicións propias do antroido ourensán.
Centrámonos sobre todo nas figuras do compadre e a comadre.
Centrámonos sobre todo nas figuras do compadre e a comadre.
![]() |
| estas son as figuras do compadre e a comadre que nos fixo a nai da nosa alumna. |
imaxe do meco que queimamos o día do Antroido.
domingo, 25 de marzo de 2018
Día da muller traballadora
Celebramos este día tan importante traballando un conto "Iriña bailarina" un conto que profundiza na ruptura dos roles convencionais.
venres, 23 de marzo de 2018
Día da arbore
Con motivo do día da árbore este ano traballaronse dous contos en Educación infantil "A auga o dragón e o salgueiro" e en Educación primaria " A invención do Salgueiro"
Para rematar este día plantamos un salgueiro no patio.
![]() |
| Días despois nunha saída didáctica os nenos de segundo atoparon un salgueiro no seu percorrido e non dubidaron en sacar unha foto con el |
Día de Rosalía
Con motivo do día de Rosalía fixeronse unha serie de actos no centro para conmemorar este día.
Os alumnos de catro anos fixeron un colage
Coa retrato de Rosalía
A nivel xeral entre todo o colexio fixemos un puzzle co retrato da escritora. Cada curso coloreou a súa peza do puzzle d6o xeito que quixo compoñéndose o seu retrato na entrada ao centro.
Por outro lado cada curso elexiu un poema para recitar ese día. A parte escribírono en formato A3 e ilustrárono para formar un libro.
Deste libro, fixéronse a copias a color e repartíronse polos bares do pobo que nese fin de semana fixeron unha serie de actos conmemorativos
Outras actividades conmemorativas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)