luns, 29 de abril de 2019

Semana do libro

Coincidindo coa celebración do día do libro, non dubidamos en facer diferentes actividades para conmemorar este feito tan importante.
Os colaboradores desta biblioteca traballaron e deseñaron unhas actividades do máis entretidas para celebrar este día.

Decidimos facer títeres e contacontos para o resto do alumnado e un divertido concurso de marcapáxinas
Decididas as actividades puxémonos a buscar os contos que íamos representar e cómo o faríamos e quenes se animarían.
Ante tanta participación acabamos representante seis contos, tres en formato ode contacontos e tres como títeres. " A q sabes lúa, non quero ser un polbo, ou o monstro dos soños representaron de coma contacontos, mentres que Cocorico, os tres porquiños e Gato Lambón acompañaron se de música e títeres para o seu relato. Foi realmente divertido.

A parte deseñamos un concurso de marcapáxinas e durante os recreos fixemos unha lectura compartida do Quixote.
Deseñado o programa tocou o deseño dos carteis que quedaron do máis orixinal.



















A parte o alumnado de infantil dedicouse á decoración dos corredores.

 Como remate final desfrutamos dunha sesión de máxia na Casa da Cultura.











sábado, 20 de abril de 2019

Festival 2019

O pasado seis de abril celebrouse  no centro o xa máis que mítico Festival do CEIP Santa María do Valadouro.
Un festival que naceu xa hai máis de 30 anos co propósito de que ningún neno quede sen excursión por falta de recursos.
Un festival no que tanto nenos/ as, como mestres e familias se implican ano tras ano para dar i mellor de cada un.






mércores, 10 de abril de 2019

Día da poesía

A poesía entrou no noso colexio timidamente como apareceu a primavera en Ferreira.

Unha fada cubriu o seu vestido de pequenas flores literarias que coa chegada do día do libro viaxarán ás librerías do pobo.


luns, 18 de marzo de 2019

Semana da prensa e a comunicación

Con motivo da Semana da Prensa e da comunicación todo o centro traballou os medios de comunicación. As seccións dun periódico, redacción de noticias, a imaxe... Dende as aulas de infantil tamén se sumaron a esta actividade que resultou tan atractiva.





 Como peche final á semana da prensa e a comunicación, asistimos a un programa de radio, RADIO BULE BULE onde desfrutamos bailando con Paco Nogueiras

domingo, 10 de marzo de 2019

Día da muller traballadora


Contar coa colaboración dun artista como Pepe Blanco é unha sorte.
Nesta ocasión con motivo da muller traballadora tivemos un taller de deseño de carteis.



Trala clase maxistral decidimos lanzarnos ao deseño dos nosos carteis en pro da igualdade.
Dende as aulas de infantil impulsou se un mural moi especial, AS MULLERES DA MIÑA VIDA
 A parte, exploramos e investigamos sobre a vida de varias mulleres galegas relevantes dos nosos días, o tendal encheuse de loitadoras.

Un xeito diferente de celebrar o antroido

Este ano como o ano pasado decidimos acercarnos à celebración doAntroido noutros lugares de Galicia, e se o ano pasado profundizamos nos comunicaremos madres e nas comadres, este ano viaxamos a Laza para coñecer os peliqueiros.
Ao finalizar as actividades fixemos unha exposición de màscaras peliqueiras, a partir  da máscara  que Pepe Blanco deseñou basándose na paisaxe do Valadouro(artista local deseñador de pezas de Sargadelos).

Os pais e nais tamén colaboraron de forma entusiasmada aportando fotografías do Antroido no Valadouro en diferentes épocas.

Esto a parte do xa clàsico festival de Antroido.