mércores, 14 de outubro de 2020

15 DE OUTUBRO LAVADO DE MANS

 Hoxe quince ce outubro É O DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

  este debe ser un hábito que debe formar parte da nosa rutina diaria e a través da cal evitaremos contaxios e progagación de moitas enfermidades.

    ten por fin este día que todo omundo practique unha boa hixene de mans.



Nun momento como o que estamos vivindo o lavado de mans resulta fundamental para o mantemento da nosa saúde e a de quen nos rodea.

   e ti qué tal lavas as mans??


lavar as mans

quizais se lavamos as mans cantando esta canción resulte máis divertido

canción dos dedos para lavar as mans 

 

venres, 9 de outubro de 2020

CATÁLOGO DE FONDOS NA NOSA BIBLIOTECA

 Desde este enlace que poñemos a continuacion pódense mirar os fondos documentais que temos rexistrados na biblioteca do CEIP Santa María do Valadouro. 

Se vos apetece coller un ou facer un empréstito, a todo membro da comunidade educativa se lle asignará un número de lector e poderá levalo durante 15 días (podendo renovar o préstamo) participando así da dinamización da biblioteca escolar e tratando de paliar esta falta de actividade polo Covid-19 e os protocolos educativos que a enmarcan.

CATÁLOGO DE FONDOS

mércores, 30 de setembro de 2020

TRISTE ADEUS

 

 

HOXE TEMOS QUE LAMENTAR A TRISTE NOTICIA DO PASAMENTO DE JOAQUÍN SALVADOR LAVADO TEJÓN MÁIS COÑECIDO POR QUINO OU O QUE É O MESMO O PAI DA SEMPRE XENIAL MAFALDA





 


aquí vos deixamos o enlace á súa páxina oficial.https://www.quino.com.ar/

ESTAMOS DE VOLTA

Aínda que estamos a piques de comezar outubro a nosa biblioteca non está aínda debidamente acondicionada dacordo á situación que estamos vivindo debido á pandemia mundial aínda que sí xa temos elaborado o pertinente protocolo para poder acceder á mesma.

 AQUÍ VOS DEIXAMOS AS PRINCIPAIS IDEAS DESTE PROTOCOLO

 -O aforo da biblioteca do CEIP Santa María do Valadouro debido ás reducidas dimensións da mesma será de oito persoas sen contar o profesro de garda en cumpriimento á normativa de seguridade do protocolo establecido.

 - Abrirá en horario lectivo durante os recreos de tarde os luns, mércores e venres tendo cada curso un día asignado dúas veces ao mes. 

Primeira e terceira semana de mes: luns primeiro, mércores segundo venres terceiro de primaria Segunda e cuarta semana de mes: luns cuarto mércores quinto venres sexto. 

 - O alumnado de Infantil accederá co seu titor á biblioteca no horario asignado para tal fin como viña sendo habitual en anos anteriores.

 - O alumnado accederá á biblioteca pola única porta existente gardando en todo momento a distancia de seguiridade empregando a máscara en todo momento. Tan pronto accedan farán uso do hidroxel situadO á man esquerda

 - O alumnado poderá acceder á biblioteca fora do horario establecido nos recreos de tarde en compaña do seu profesor titor na hora asignada para o seu curso gardando en todo momento as distancias de seguridade. 

 

 - Os lugares asignados para sentar estarán debidamente identificados. - cando un alumno acceda á biblioteca daráselle un adhesivo de cor para que o deixe pegado no lugar que ocupou co fin de proceder á posterior desinfección.

PRÉSTAMO DE LIBROS: Existirá un libro de préstamos por titoría cos números de carne dos alumnos no cal o titor anotará o número de rexistro do libro que o alumno levará emprestado. Posteriormente os encargados de biblioteca procederán a efectuar o préstamo no programa. Tralo acceso á biblioteca de cada grupo as fiestras deben permanecer abertas antes de que entre outro grupo. As titoras de infantil farán unha selección de libros para a súa aula que se irán emprestando ao longo do primeiro trimestre entre os nenos/ nenas da aula gardando as pertinentes corentenas antes de viaxar a outra casa.

 

 DEVOLUCIÓN: O alumnado depositará os libros emprestados nunha caixa situada na aula o día que o titor designe. Estes libros posteriormente serán depositados na biblioteca cunha anotación do día que foron entregados co fin de que garden a corentena correspondente. Tras pasar a pertinente corentena serán devoltos e colocados nos seus andeis polos responsables de biblioteca. 

 

OUTROS PRÉSTAMOS: Poderán tomar prestados libros na biblioteca aqueles nenos/as que o desexen pero para elo deben informar ao profesor de garda que libro desexan coller, non collerán eles os libros dos andeis. Cando rematen coa lectura, deixarán os libros depositados no carriño lector co fin de que garden a respectiva corentena no carro antes de volver aos andeis. 

 

 COLABORADORES: designaranse un total de oito colaboradores: dous de terceiro, dous de cuarto, dous de quinto e dous de sexto para que sirvan de difusores das actividades deseñadas dende o blog da biblioteca animando á participación Todas as actividades estarán debidamente explicadas no blog da biblioteca para que aqueles nenos que o desexen participen e que coñezan de primeira man toda a información. Os traballos serán enviados ben telemáticamente, entregados ao titor/a ou aproveitando os recreos asignados por curso (que se depositarán os traballos na bandexa destinada para a recollida destes traballos. Todos os traballos serán publicados na páxina da biblioteca así coma os gañadores/as no caso de realizárense concursos.

 

 NON SE PODERÁN USAR OS ORDENADORES DA BIBLIOTECA NON SE PODE FACER USO DO RECANTO MAKER DE FORMA AUTÓNOMA. O seu acceso será restrinxido de forma individual e en presenza do profesor.

xoves, 4 de xuño de 2020

5 xuño Día do Medioambiente

O 5 de xuño celébrase  a nivel mundial o Día do Medio Ambiente.
A celebración deste día ten potñr fin sensibilizar á poboación mundial da necesidade de coidar o noso medio.

A asociación ecoloxista ADEGA celebrará unha palestra virtual baixo o título: "Biodiversidade e Covid-19: unha oportunidade perdida?", na que o biólogo e naturalista Cosme Damián Romay Cousido analizará o impacto da COVID-19 na biodiversidade, e se a crise sanitaria influíu dalgún xeito na concepción dunha correcta xestión da diversidade biolóxica. A súa palestra será emitida en directo por Youtube e na páxina web de ADEGA, desde as 18:30 horas.
  

https://m.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=pDhZLN3fo0s


Convidámosvos a que saquedes Unha foto que ilustre unha acción cara a protección da natureza e que completedes a IMAXE cunha frase É A HORA DE...

Enviade esa imaxe para publicar a...

bibliovaladouro@gmail.com




luns, 18 de maio de 2020

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS




Cada 18 de maio celébrase o día internacional dos museos co obxectivo de concienciar á humanidade sobre a importancia dos museos como medio para o intercambio entre culturas, o enriquecemento persoal e da comunidade e o desenvolvemento da comprensión, a colaboración e a paz entre os pobos.
esta data conmemórase dende hai máis de 40 anos e cada ano xira en torno a un tema, neste ano elexiuse "Museos pola Igualdade: Diversidade e Inclusión"


NESTE DÍA... APETÉCEVOS FACER UNHA VISITA A UN MUSEO COMO É O MUSEO DO PRADO...
 AQUÍ UNHA VISITA VIRTUAL POLO MÁIS DESTACABLE DOS NOSOS MUSEOS


                                                       

https://www.agendamenuda.es/planes-en-casa/recursos-en-la-cuarentena/2091-visita-online-al-museo-del-prado-para-ninos


                                                             

                                          REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
                                                http://redemuseisticalugo.org/index.asp



 MUSEO DEL PRADO

https://www.museodelprado.es/recurso/9fbe0294-0ed8-44e8-9836-f31a069b18ef/a0cefd9b-ff91-e293-ddc1-f67c44c1c350



AS NOSAS OBRAS DE ARTE

   Yeray, con motivo do día Internacional dos Museos quixo aportarnos o seu grao de área.

mércores, 13 de maio de 2020

Xogo vida e obra de Carvalho Calero



ACTIVIDADES POLAS LETRAS









DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO E DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DOS DÍAS DAS LETRAS PROPOÑÉMOSVOS UNHAS ACTIVIDADES BEN BONITIÑAS

1. PALABRAS NOSAS…DOS GALEGOS E  DAS GALEGAS

 A nosa lingua está chea de palabras moi  fermosas  :aperta,  agarimo,bicos, bolboreta, ledicia, luvas, xoaniña, ………

 Que vos parece se para conmemorar  a Semana das Letras Galegas  vestimos esas palabras de gala, xa que é a súa festa? Igual ca  vós, cando ides a algunha celebración coa familia ou amigos/as  procurades  vestirvos  con elegancia…!

 Propoñémosvos  , coa axuda das vosas familias, facer o seguinte :

·         Pensar unha palabra. 

·         Rotulala  con letras maiúsculas nunha cartulina,tamaño A4 ou A5, do color que queirades(tamén valería un cartón dunha caixa ,que teriades  que pintar con témperas, acuarelas,ceras…) Despois decoralas…

·         Tamén podes debuxar  as letras en papel de colores ,de revistas  ,goma eva….,recortalas e pegalas sobre a cartulina….

·         Facer un debuxo que teña relación con esa palabra  e se che parece difícil ,podes mirar por algún debuxo ou imaxen sacados de internet…..

·         Sacar unha foto co traballo realizado  na que se che vexa a ti.

·         Envíalla ao blog da biblioteca.
  bibliovaladouro@gmail.com





Este sería un exemplo de cómo podería quedar o traballo..pero aínda quedaría mellor se pintas cada letra (con ceras,rotulador,purpurina,…) dunha cor, o debuxo tamén mellor quedaría feito ou pintado por ti…..


                                    
o noso compañeiro Antón elexiu a palabra xoaniña
Xavi, elexiu vagalume

Oliver elexiu a bolboreta
Noa tamén elexiu a bolboreta.

Andrea, elexiu a palabra bico

Silvia envíanos moito agarimo, e creo q ten morriña e gana de voltar ao cole...
Yeray elexiu a palabra aperta
Clara elexiu a bolboreta

A Naima gústalle máis a palabra sapoconcho

Enma é máis de colo

E a Daniela encántanlle os agasallos

Leire é máis de bolboreta tamén

E a Óscar gústalle a palabra árbore

Paula é de apertas

E a ROI gústalle o esquío

Sabela non sabe cal lle gusta máis se golfiño e cadro así que fixo as dúas...

 
Alexandra elexiu coelliño




2 " UNHA PALABRA MOI GALEGA"                                                                                     


Queridos nenos e nenas queremos compartir con todos vós unha pequena historia dun rapaciño que coñecemos algúns Mestres do Valadouro.
Houbo un tempo no que algo tan normal para todos nós como é escribir en galego, non se facía!, entre outras cousas...  eran tempos nos que tampouco se permitía dirixirse aos profesores en galego a pesar de ser a lingua maioritaria...
Nestas, que un rapaciño con grandes inquedanzas non acababa de comprender, por que se todo o mundo que o rodeba falaba en galego non o escrbía e empregaban o castelán para todo?.

Foi así, que comezou a escribir en galego, pero comezaron a entrarlle grandes dúbidas, sobre todo  cando comezou a mocear e lle esribía á noiva en galego...cada vez que tiña que escribir unha palabra tan corrente como "unha"... non sabía que facer!! 
Se escribía "una" era claramente en castelán, se escribía un-a estaría permitido?... deulle moitas voltas ata que cando chegou á universidade… por fin llo explicaron!!!, hoxe xa sabe escribir coma nós, así que propoñemosche  que escribades unha frase de cariño  que inclua nh.

estas preparado para compartir?

bibliovaladouro@gmail.com 


CERTAME INFANTIL ARTES PLÁSTICAS FEIRACO






CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Neste atípico mes de maio reservamos un espazo ben especial ao homenaxeado neste 2020 don Ricardo Carvalho Calero.
  Non podíamos pasar por  alto tan insigne persoeiro e traemos unha serie de actividades para tal celebración entre elas a elaboración deste vídeo sobre a súa vida e obra, cancións de animación ao emprego da lingua galega e moitos moitos recursos!!!!




CONTO DOS BOLECHAS SOBRE A FIGURA DE CARVALHO CALERO




CANCIÓNS ANIMACIÓN AO EMPREGO DO GALEGO


BRINCA VAI MEU O MUNDO É





RAP DA LINGUA - MIGALLAS TEATRO



DIOS KE TE CREW- DEITADO FRENTE AO MAR



A FALA. UXÍA VEN COLABORACIÓN CON TANXUGUEIRAS




QUEMPALLOU- COA LINGUA DE FORA




           RECURSOS



                                   PRIMAVERA DAS LETRAS. REAL ACADEMIA GALEGA





                                                     SEMINARIO GALÁN





AS PITAS BAIXO A CHOIVA dirixido a todo o alumnado para profundizar nunha das obras de Ricardo Carvalho Calero. Da coordenadora de equipos de dinamización longüística de ferrolterra.







                                      EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Aulas Galegas
https://aulasgalegas.org/especial-letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero/