martes, 27 de xuño de 2017

Proxecto Escornabot

Este ano o colexio CEIP Santa María do Valadouro foi un dos seleccionados co proxecto escornabot. Nestes últimos días de xuño o profesorado aproveitou para ir montando os escornabots de cara a ter unha base e poder explicarlle aos nosos alumnos o vindeiro curso cómo ser os creadores dun robot.
aquí vos deixamos o enlace cos pasos a seguir.


https://drive.google.com/open?id=0B6ypfzV7xO7DTVFVTVZabWU1QVE

xoves, 26 de xuño de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 DE OUTUBRO)

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de Outubro) os nenos de 2º ciclo fixeron unha árbore xigante (A ÁRBORE DA BIBLIOTECA) onde vanse colocar debuxos dos libros que van lendo, poemas, refráns... QUEDOU MOI CHULA.


PAUTAS E RECOMENDACIÓNS SOBRE A LECTURA E A LINGUAXE NOS PRIMEIROS ANOS





O NOSO MARCADOR




HORARIO SEMANAL DE USO DA BIBLIOTECA






martes, 11 de febreiro de 2014

I Concurso de RELATOS DE MEDO 2013

  

Video MAGOSTO 2013


Hola amigos. Debaixo tedes un pequeno video sobre a celebración do Samaín, que este ano igual co anterior fixemos na nosa biblioteca. Limos contos de medo, fixemos conxuros e cantamos terrorificas cancións. Que ben o pasamos!!!

Video SAMAÍN 2013

mércores, 26 de xuño de 2013

Ilustracións de Rosalía

Ilustracións da poesía de Rosalía de Castro: Adiós ríos, adios fontes.
Este traballo fixérono o alumnado de 3º-4º e 6º de forma colaborativa.


Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos.










Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei,



Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores,
casiña do meu contento,






muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar,



amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor, camiñiños entre o millo, ¡adios, para sempre adios!




¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!




Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!...




Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou.



Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción.



Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar.



Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!



¡Adios tamén, queridiña!... ¡Adios por sempre quizais!... Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar. 







 

Non me olvides, queridiña, si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar!