mércores, 28 de novembro de 2018

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN...

O día 30 de outubro, como ven sendo habitual no CEIP Santa María do Valadouro, celebramos o Magosto e o Samaín.. Dende a Biblioteca este ano impulsamos a idea de encerrar os nosos medos en frascos cunha etiqueta especial .





Toda a comunidade educativa desfrutou das actividades deseñadas neste día: xogos tradicionais, cantigas e por suposto degustamos as castañas con país, nais avós, avoas e antigos alumnos.




mércores, 24 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas Escolares.

Hoxe foi un día de intensa actividade na Biblioteca de Ferreira, non podía ser outro xeito,hoxe era o seu gran día!!! O día das Bibliotecas Escolares!!.
 Fátima viaxou ata o Valadouro para celebrar este día da mellor das maneiras, e cal sería? Pois claro!!! Contándonos moooitos contos que nos fixeron voar coa imaxinación.
Despois da animación, tocou traballar intensamente na decoración e selección de contos de medo... pero disto... xa vos iremos contando

Feira do Mel.

Coa chegada do outono, chegan os produtos do outono entre eles o mel, produto de gran riqueza e valor no noso concello.
Por este motivo todos os anos se celebra en Ferreira a  Feira do Mel na que o mel é  o protagonista.
Dende o Centro e a biblioteca organízanse varias actividades con motivo desta  festa: como un concurso de cartelería para anunciar este festexo e Charlas sobre a vida das abellas e a forma de obter este produto.


Paco Pakolas Visita o Valadouro

E chegou o gran día! o 21 de setembro, chegou Paco Pakolas ao Valadouro acompañado da ilustradora  Laura Romero para presentarnos o espectáculo Cores Cantos e Rock and Roll.
Un pracer para os sentidos do que desfrutamos adultos e nenos.

Fomos tan boíños que Laura nos regalou unha quenlla que loce na nosa biblioteca.




 

xoves, 28 de xuño de 2018

Saídas culturais

Como complemento a toda actividade de aprendizaxe organízanse no centro numerosas saídas didácticas. Aquí vos deixamos diversas imaxes.
 O alumnado de Educación Infantil fixo unha saída a Ortigueira á chamada granxa do Souto como complemento a un proxecto sobre os animais.


O alumnado de primeiro e segundo tamén visitaron unha granxa no municipio asturiano de Castropol a granxa escola Río Eo. Onde fixeron diversas actividades de coidado de animais, fixeron pan, velas...




Por outro lado os alumnos de terceiro e cuarto foron a Marcelle.

E xa os máis maiores desfrutaron dunha semana de vacacións en Barcelona visitando os diversos monumentos da cidade así coma Port Aventura.



Fin de curso

Remata este curso 2017-2018 para todos. Día especial e día de despedidas.
Para este día dende a biblioteca organizouse un espectáculo que se celebrou na casa da cultura " Biblio conta" que estivo do máis interesante.
 Posteriormente desfrutamos con xogos musicais no poli e coa maravillosa festa da espuma na que tanto alumnado como profesorado desfrutaron.
     Bo verán.




Visita dos xogadores e entrenador do Burela F.S.

Recibimos con gran espectación a visita do entrenador do Burela F.S. Juanma Marrube e dos seus xogadores Renato e Sergio Cora e unha das xogadores do equipo feminino Judith.
   Deron unha charla na biblioteca ao alumnado de primaria sobre a importancia da realización de exercicio físico  para ter unha vida sana.
   Ademáis faláronnos da importancia do sacrificio e o esforzo no deporte ao igual que na vida diaria na escola.

 


Exposición artística Pepe Blanco

No mes de maio en Ferreira celebrase o mercado de primavera ou o chamado "mercado das zocas". Por este motivo en días previos a este celebración fixemos unha saída a unha exposición moi especial. 
Pepe Blanco, artista local, explicounos unha exposición súa sobre a elaboración das zocas.
    De cara o ano que ven faremos máis actividades en conxunto coa súa colaboración. 


Letras Galegas

O día de 16 de maio celebramos as nosas letras por todo o alto.
   A primeira hora da mañá visitounos a científica Angeles García_Boente Carro de "Tu y yo... educa" a cal fixo na biblioteca demostracións científicas adaptadas ás distintas idades do noso alumnado, divididos en tres grupos.


  Posteriormente deu comezo o festival das letras.
 Cada clase con motivo deste día, preparou un poema ou fragmento dunha obra da autora homenaxeada María Victoria Moreno, e representárono ao resto dos compañeiros.
 O festival foi amenizado cunhas cancións preparadas polo mestre de música do centro xunto

Charla sobre emerxencias e primeiros auxilios

O día 30 de abril tivemos unha visita moi especial de distintos corpos adicados a atención en emerxencias como: bombeiros, técnicos de ambulancia, gardas civís, SEPRONA  ....

 Ao longo de toda a mañá fixeron diversas demostracións do seu traballo aos nenos e nenas.
   Así mesmo na biblioteca tivo lugar unha charla dirixida ao alumnado de Educación Primaria sobre emerxencias e primeiros auxilios a cargo de Iago Pernas Álvarez técnico sanitario.