domingo, 9 de decembro de 2012

luns, 12 de novembro de 2012



O martes 13 celebraremos no noso cole o MAGOSTO. Para o cal o alumnado traerá un puñado de castañas con anterioridade.
Ás 15:30 ábrense as portas aos pais, para que podan acompañarnos na degustación das castañas.



sábado, 3 de novembro de 2012

Nota informativa

O vindeiro luns, 5 de novembro comezamos as clases despois desta longa ponte

De onde vén o Samaín?



Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".
Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.

A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o outro mundo, facíase accesíbel para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o mesmo tempo que as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
É curioso que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.



venres, 2 de novembro de 2012

luns, 29 de outubro de 2012

Normas