EFEMÉRIDES

Temos un calendario no taboleiro de anuncios principal do corredor onde poñemos cada día, sempre que haxa, o día internacional que se celebra e breves ilustracións con textos que conteñen variada información explicativa.

                                           21 MARZO                                                    
DÍA DO SÍNDROME DE DOWN      
   
Resultado de imaxes para: dia do sindrome down



QUE É?
Alteración xenética que se produce por un cromosoma extra (o cromosoma é a estrutura que contén o ADN) ou unha parte del. As células do corpo humano teñen 46 cromosomas distribuídos en 23 pares. Un destes pares determina o sexo do individuo, os outros 22 se numeran do 1 ao 22 en función do seu tamaño decreciente. As persoas con síndrome de Down teñen tres cromosomas no par 21 en lugar dos dous que existen habitualmente; por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21.

COMO SON?
A síndrome de Down non é unha enfermidade. Tampouco existen grados de síndrome de Down, pero o efecto que a presenza desta alteración produce en cada persoa é moi variable. As persoas con síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas. Os bebés con síndrome de Down terán moitos trazos físicos propios da súa familia, ademais dos característicos das persoas con síndrome de Down e algún grado de discapacidad intelectual. A súa personalidade, afeccións, ilusións e proxectos serán os que verdaderamente defínanlles como persoas e a súa discapacidad será só unha característica máis da súa persoa.

https://www.sindromedown.net/sindrome-down/

NA ESCOLA
As escolas que teñen unha educación prevista como centros de integración, ofrecerá as mellores oportunidades para os nenos e nenas con Síndrome de Down. Os nenos e nenas con Síndrome de Down que reciben unha escolarización compartida ou que acoden a un centro ordinario terán beneficios educativos significativos, xa que poderán contar cunha asistencia adicional de apoio á aprendizaxe. A educación inclusiva é moi importante pois demóstrase que os nenos/as que acuden a centros ordinarios teñen máis ganancia de fala, linguaxe escrita e matemáticas que se estiveran nun centro de educación especial.
https://www.etapainfantil.com/educacion-inclusiva-ninos-con-sindrome-de-down


VIDEOS DE CANCIÓNS E AS SÚAS OPINIÓNS
https://www.youtube.com/watch?v=xYvJReaodEE&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?v=3HhI1vO_Jxg&feature=youtu.be



21 MARZO
   DÍA DA POESÍA






¿Qué es poesía? Dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía... eres tú.

- Gustavo Adolfo Bécquer –

 O día 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, o cal foi aprobado pola UNESCO no ano 1999.
  O obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística mediante a expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser unha forma de comunicación artística nas súas comunidades.
Ten tamén como fin fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que se vexa como outra forma de expresión de valores e reafirmación da identidade .

Deixámosvos  un conto en verso que cremos que pode ser moi útil  e enriquecedor para  todos e todas  sobre todo nos días que estamos vivindo.


E como non,tamén  unha pequena plantilla que podedes descargar e despois escribir /debuxar sobre ela os vosos sentimentos respecto ao que está a acontecerr ao noso redor estes días.


 Se vos apetece podedes enviar o resultado á dirección de correo da biblioteca para que despois subamos as vosas creacións  

bibliovaladouro@gmail.com




6 MARZO 2020
DÍA EUROPEO DA LOGOPEDIA

Este ano adícase ao trastorno da lectura o cal provoca algúns problemas na etapa educativa. O logopeda xoga un papel nas alteracións da linguaxe, tanto no seu tratamento, na sía diagnose, na súa avaliación e na intervención.


3 MARZO 
DÍA INTERNACIONAL DA NATUREZA OU DA VIDA SILVESTRE

Marcou a ONU o dia 3 de marzo como esta celebración polo aniversario da Convención de Especies Ameazadas da Fauna e Flora Silvestre no 1973. Este día ofrécenos a oportunidade de admirar a beleza da flora e fauna salvaxe e a oportunidade de concienciarnos sobre os beneficios de conservalos.