mércores, 28 de novembro de 2018

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN...

O día 30 de outubro, como ven sendo habitual no CEIP Santa María do Valadouro, celebramos o Magosto e o Samaín.. Dende a Biblioteca este ano impulsamos a idea de encerrar os nosos medos en frascos cunha etiqueta especial .





Toda a comunidade educativa desfrutou das actividades deseñadas neste día: xogos tradicionais, cantigas e por suposto degustamos as castañas con país, nais avós, avoas e antigos alumnos.




mércores, 24 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas Escolares.

Hoxe foi un día de intensa actividade na Biblioteca de Ferreira, non podía ser outro xeito,hoxe era o seu gran día!!! O día das Bibliotecas Escolares!!.
 Fátima viaxou ata o Valadouro para celebrar este día da mellor das maneiras, e cal sería? Pois claro!!! Contándonos moooitos contos que nos fixeron voar coa imaxinación.
Despois da animación, tocou traballar intensamente na decoración e selección de contos de medo... pero disto... xa vos iremos contando

Feira do Mel.

Coa chegada do outono, chegan os produtos do outono entre eles o mel, produto de gran riqueza e valor no noso concello.
Por este motivo todos os anos se celebra en Ferreira a  Feira do Mel na que o mel é  o protagonista.
Dende o Centro e a biblioteca organízanse varias actividades con motivo desta  festa: como un concurso de cartelería para anunciar este festexo e Charlas sobre a vida das abellas e a forma de obter este produto.


Paco Pakolas Visita o Valadouro

E chegou o gran día! o 21 de setembro, chegou Paco Pakolas ao Valadouro acompañado da ilustradora  Laura Romero para presentarnos o espectáculo Cores Cantos e Rock and Roll.
Un pracer para os sentidos do que desfrutamos adultos e nenos.

Fomos tan boíños que Laura nos regalou unha quenlla que loce na nosa biblioteca.




 

xoves, 28 de xuño de 2018

Saídas culturais

Como complemento a toda actividade de aprendizaxe organízanse no centro numerosas saídas didácticas. Aquí vos deixamos diversas imaxes.
 O alumnado de Educación Infantil fixo unha saída a Ortigueira á chamada granxa do Souto como complemento a un proxecto sobre os animais.


O alumnado de primeiro e segundo tamén visitaron unha granxa no municipio asturiano de Castropol a granxa escola Río Eo. Onde fixeron diversas actividades de coidado de animais, fixeron pan, velas...




Por outro lado os alumnos de terceiro e cuarto foron a Marcelle.

E xa os máis maiores desfrutaron dunha semana de vacacións en Barcelona visitando os diversos monumentos da cidade así coma Port Aventura.



Fin de curso

Remata este curso 2017-2018 para todos. Día especial e día de despedidas.
Para este día dende a biblioteca organizouse un espectáculo que se celebrou na casa da cultura " Biblio conta" que estivo do máis interesante.
 Posteriormente desfrutamos con xogos musicais no poli e coa maravillosa festa da espuma na que tanto alumnado como profesorado desfrutaron.
     Bo verán.




Visita dos xogadores e entrenador do Burela F.S.

Recibimos con gran espectación a visita do entrenador do Burela F.S. Juanma Marrube e dos seus xogadores Renato e Sergio Cora e unha das xogadores do equipo feminino Judith.
   Deron unha charla na biblioteca ao alumnado de primaria sobre a importancia da realización de exercicio físico  para ter unha vida sana.
   Ademáis faláronnos da importancia do sacrificio e o esforzo no deporte ao igual que na vida diaria na escola.

 


Exposición artística Pepe Blanco

No mes de maio en Ferreira celebrase o mercado de primavera ou o chamado "mercado das zocas". Por este motivo en días previos a este celebración fixemos unha saída a unha exposición moi especial. 
Pepe Blanco, artista local, explicounos unha exposición súa sobre a elaboración das zocas.
    De cara o ano que ven faremos máis actividades en conxunto coa súa colaboración. 


Letras Galegas

O día de 16 de maio celebramos as nosas letras por todo o alto.
   A primeira hora da mañá visitounos a científica Angeles García_Boente Carro de "Tu y yo... educa" a cal fixo na biblioteca demostracións científicas adaptadas ás distintas idades do noso alumnado, divididos en tres grupos.


  Posteriormente deu comezo o festival das letras.
 Cada clase con motivo deste día, preparou un poema ou fragmento dunha obra da autora homenaxeada María Victoria Moreno, e representárono ao resto dos compañeiros.
 O festival foi amenizado cunhas cancións preparadas polo mestre de música do centro xunto

Charla sobre emerxencias e primeiros auxilios

O día 30 de abril tivemos unha visita moi especial de distintos corpos adicados a atención en emerxencias como: bombeiros, técnicos de ambulancia, gardas civís, SEPRONA  ....

 Ao longo de toda a mañá fixeron diversas demostracións do seu traballo aos nenos e nenas.
   Así mesmo na biblioteca tivo lugar unha charla dirixida ao alumnado de Educación Primaria sobre emerxencias e primeiros auxilios a cargo de Iago Pernas Álvarez técnico sanitario.





DÍA 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.

Para conmemorar este día tan importante fixemos diversas actividades.
  Os nenos de infantil elaboraron uns marcapáxinas moi bonitos.



  Os alumnos e alumnas de primaria en días previos a esta celebración continuaron coa elaboración do libro viaxeiro  xa iniciado o curso pasado. Este libro foi pasando polas distintas aulas.  O alumnado de Educación Infantil encargouse da súa ilustración.

  
Asistimos tamén ao espectáculo de sombras chinesas "O mundo máxico de Ian e Elisa" na casa da cultura de O Valadouro.


Como remata ás actividades deste día, os nenos de sexto curso leron o libro viaxeiro que entre todos fixemos. 

ANTROIDO

Este ano dende a biblioteca en colaboración cunha nai no noso centro, oriunda do sur de Ourense, explicouselles aos nenos algunhas das tradicións propias do antroido ourensán.
Centrámonos sobre todo nas figuras do compadre e a comadre.
estas son as figuras do compadre e a comadre que nos fixo a nai da nosa alumna.

imaxe do meco que queimamos o día do Antroido.