xoves, 28 de xuño de 2018

DÍA 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.

Para conmemorar este día tan importante fixemos diversas actividades.
  Os nenos de infantil elaboraron uns marcapáxinas moi bonitos.



  Os alumnos e alumnas de primaria en días previos a esta celebración continuaron coa elaboración do libro viaxeiro  xa iniciado o curso pasado. Este libro foi pasando polas distintas aulas.  O alumnado de Educación Infantil encargouse da súa ilustración.

  
Asistimos tamén ao espectáculo de sombras chinesas "O mundo máxico de Ian e Elisa" na casa da cultura de O Valadouro.


Como remata ás actividades deste día, os nenos de sexto curso leron o libro viaxeiro que entre todos fixemos. 

ANTROIDO

Este ano dende a biblioteca en colaboración cunha nai no noso centro, oriunda do sur de Ourense, explicouselles aos nenos algunhas das tradicións propias do antroido ourensán.
Centrámonos sobre todo nas figuras do compadre e a comadre.
estas son as figuras do compadre e a comadre que nos fixo a nai da nosa alumna.

imaxe do meco que queimamos o día do Antroido.

domingo, 25 de marzo de 2018

Día da muller traballadora

Celebramos este día tan importante traballando un conto "Iriña bailarina" un conto que profundiza na ruptura dos roles convencionais.

venres, 23 de marzo de 2018

Día da arbore

Con motivo do día da árbore este ano traballaronse dous contos en Educación infantil "A auga o dragón e o salgueiro" e en Educación primaria " A invención do Salgueiro"


Para rematar este día plantamos un salgueiro no patio.

Días despois nunha saída didáctica os nenos de segundo atoparon un salgueiro no seu percorrido e non dubidaron en sacar unha foto con el


Día de Rosalía

Con motivo do día de Rosalía fixeronse unha serie de actos no centro para conmemorar este día.
Os alumnos de catro anos fixeron un colage
 Coa retrato de Rosalía
A nivel xeral entre todo o colexio fixemos un puzzle co retrato da escritora. Cada curso coloreou a súa peza do puzzle d6o xeito que quixo compoñéndose o seu retrato na entrada ao centro. 

Por outro lado cada curso elexiu un poema para recitar ese día. A parte escribírono en formato A3  e ilustrárono para formar un libro. 









Deste libro, fixéronse a copias a color e repartíronse polos bares do pobo que nese fin de semana fixeron unha serie de actos conmemorativos


Outras actividades conmemorativas




mércores, 7 de febreiro de 2018

Recanto Maker

Outra novidade na biblio este ano é o recanto maker. Un lugar para a investigación e o aprendizaxe activo na biblioteca.
Aqui temos á nosa disposición varios escornabots así como as súas plantillas e varias tablets.






Celebramos o día da paz



fixemos unha seleccion de contos para o dia da paz.

Os nenos grabaron a canción "Se buscan valientes" a mando de  Enrique.
Despois cada clase traballou unha frase-parte da canción e fixeron uns carteles que estan expostos no hall.
O dia da paz grabouse  en cada clase cantando a cancion traballada e facer un video sobre a base grabada polos nenos.










PROXECTO ESCORNABOT

Coa chegada dos Escornabots ao colexio a actividade é frenética, encántanos xogar e aprender cos Escornabots aquí as plantillas dos nosos xogos.
Para os que non coñecedes o que é un Escornabot é un pequeno robot que obedece as nosas intruccións se non que nos axuda a aprender.

xogo sobre a nosa comunidade


OS ANIMAIS 
que nos aporta cada un?




COÑECEMOS O VALADOURO
Xogo de preguntas sobre o noso concello.


AS PROFESIÒNS
Que precisa cada persoaxe no exercicio da sùa profesión?




venres, 10 de novembro de 2017

Celebrando o Magosto e o Samaín



 O pasado día 31 de outubro celebramos no centro Magosto e o Samaín.
Dende a biblioteca escolar a parte de ofrecer aos alumnos unha serie de exemplares terroríficos para a súa lectura, fixemos un concurso consistente en realizar monstros terroríficos.


 Por outro lado os alumnos de sexto ofrecéronnos unha fantástica obriña de títeres sobre un conto coñecido por todos como Corre Corre Cabaciña.


Á par, o alumnado de infantil que este trimestre está a traballar os seres mitolóxicos galegos contáronlles aos maiores algúns aspectos destes seres fantásticos da nosa tradición, ofrecéndonos ademáis unha exposición de láminas de Xosé  Blanco que eles pintaron.