mércores, 22 de xaneiro de 2020

Xogo de pistas. Adiviña o personaxe da PAZ.

Lectorín escolleu este ano 2020 un personaxe de paz moi relevante e moi digno de coñecer a súa obra e acción.
Así Lectorín terá posto no taboleiro do corredor da entrada, unha pista cada día para tentar adiviñar quen é este personaxe.
Tamén desde o blog publicaremos estas pistas para que vos poidan axudar na casa e as participen as familias tamén.
No caso de que saibades quen é, tender que por o seu nome completo nun papel e metelo dentro do buzón laranxa que temos na biblio, No caso de que acerten as familias, debemos por o nome da familia e introducilo tamén no buzón.

PISTA 1: mércores 22/01/2020


Cando era nena, neste país só apodían estudar e ter carreira profesional os homes. Na súa familia romperon a regra e ela foi a escola.


PISTA 2: xoves 23/01/2020

Foi bióloga, activista política e ecoloxista (Movemento Verde)

PISTA 3: venres 24/01/2020



PISTA 4: luns  27/01/2020

 Naceu en Kenia no 1940 




PERSONAXE ???


BIOGRAFÍA
Wangari Muta Maathai, nada en Nyeri o 1 de abril de 1940 e finada en Nairobi o 26 de setembro de 2011, foi unha activista medio-ambiental e política kenyana. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro foi The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).

venres, 10 de xaneiro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

Na xornada final de trimestre e como celebración de Nadal, o venres 20 celebramos no cole o festival.
Foi nas semanas previas cando as diversas actividades feitas estaban encamiñadas á decoración dos diferentes espazos, a manualidades propias ou a ensaios. Houbo de todo no tocante ao NADAL.
Primeiramente o alumnado centrouse en poñer o ambiente característico destas datas, tanto nos corredores da entrada, como nos da biblio, como nos das aulas e decorando as súas clases, con árbores, adornos, cintas e demais.

Así tamén houbo tempo de facer ensaios e preparar o atuendo necesario para cada actuación do festival. Vexan aquí unha mostra das actuacións de cada curso.


VER FOTOS DE ACTUACIÓNS DE NADAL

3 ANOS


4 ANOS


5 ANOS


1º EP


2º EP


  3º EP 



4ºEP



 5º 6º EP



 

3º 4º 5º 6º GRUPO DE FLAUTA

mércores, 8 de xaneiro de 2020

BOLETÍN DE LECTURAS DE NADAL

 Presentamos as nosas suxerencias de lectura para estes días de Nadal e que tamén poden terse en consideración na carta aos Reis Magos, pois un libro é un mundo no que adentrarse.
Hai unha mostra  para cada nivel, segundo nós pensamos e polas observacións alén do interese de profesorado e alumnado.

Agardando que vos sexa de utilidade, lembramos a importancia de ler e os beneficios da lectura en tódolas idades.



Ç

mércores, 27 de novembro de 2019

XA ABONDA DE TANTA VIOLENCIA

 
Conmemoración das que por desgracia, se están facendo moi necesarias e comúns para reivindicar o cambio na sociedade e na forma de comportarnos entre persoas. Non podemos deixar a ocasión para manifestas que estas condutas non poden ser normativizadas, non se poden deixar pasar, non deben quedar sen castigo e sobre todo que poidamos reflexionar sobre que nos leva a ser violentos e a cometer erros tan graves entre iguais.

O alumnado de 6º e 5º de Primaria  leu un manifesto en contra da violencia, centrándose no que pode acontecer nos seus rangos de idade, en problemas entre nenos e nenas, nas actuacións desmedidas ante a rabia e valorar que nos leva a agredir física ou verbalmente a compañeir@s.


Despois cantamos nos corredores do centro a canción de Rozalem, "la puerta violeta" acompañados pola guitarra do mestre de música. Emocionad@s despedim@s  este día coa idae de facer extensible esta celebración.





Ó día seguinte, fomos convidados polo Concello a un teatro sobre a igualdade de nenos e nenas, polo que o centro con todo o seu alumnado estivo presente nas historias dos contos superclásicos adaptados ou modificados en favor de que todos somos iguais.





Durante esta semana do 25 tivemos no centro unha sexóloga que foi curso por curso de Primaria, impartindo charlas adaptadas a súa idade e preparando aos rapaces/zas para enfrontarse a súa sexoloxía.
Para os pais e nais, estas charlas serán o luns 2 de decembro de 16:00 a 18:00 na casa da Cultura. Moi didácticas e amenas.

DEREITOS D@ NEN@


O alumnado de Infantil reuniuse en varias ocasións durante a semana do 20 de novembro para celebrar este día dos dereitas de nenos e nenas.
Agrupados na aula de 3 e previa distribución  de tarefas para cadas curso, xuntáronse o mércores 20 para aunar forzas e deixar constancia dos seus dereitos como nen@s, colocando arredor do planeta Terras fotos da diversidade poboacional, porén expresan que eles están presentes alí onde sexa e como sexan para aportar felicidade e moitas lecións morais





mércores, 13 de novembro de 2019

Magosto e Samaín no Valadouro

Aprazando a xornada de Samaín, (30 de outubro) para facela coincidir co Magosto, agardamos ata o venres 8 de novembro para facer unha gran festa durante todo o día con numerosas actividades no CEIP  Pulrilingüe Santa María do Valadouro.

A comezos da semana, en Infantil foron argallando actividades para ir introducindo ao alumnado nas diferentes actividades que xiran arredor do Samaín e Magosto: comidas con formas terroríficas, pócimas, decoración de magosto, cucuruchos de castañas e ....


Xa desde ben iniciada a mañán, tódolos cursos e seguindo unha quenda foron quen de pasar polos corredores do colexio e apreciar o traballo feito dos distindos cursos, das cabazas expostas, da decoración, da música de ambiente e do tenebroso que se poñia o ambiente.
Desde a entrada ata a biblio ata  foron pasando e vendo as súas creacións, dando color e aire festivo a este conmemoración anual, moi clásica nos centros educativos.




En Primaria e nos cursos que máis o demandaban o ambiente foise poñendo de máis e máis medo, tratando de contar historias sobre as bruxas e o que estas facían polos prados e leiras do Valadouro. Tal e como o alumnado foi contando na apócema da bruxa, algúns milagres sucedían nese treito e todo era posible gracias aos ingredientes introducidos na pota da bruxa.....




Cando chegaban  a biblio, alí parecía que estaban en lugar seguro, polo que tiñan seleccionados por niveis uns contos sobre o Samaín e para rematar unha canción que poñía a nota de alegría neste día.


Despois de comer, no polideportivo reuniómonos todos para celebrar con música, bailes, xogos e castañas esta festa tan ancestral e galega.  Para iso invitamos tamén as familias a que nos acompañasen  e xuntos puidemos pasar unha tarde de festa. 







mércores, 23 de outubro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Este ano, o 24 de outubro celébrase o santo de Lectorín, o noso padriño da biblioteca, polo tanto é a súa festividade e cremos que tamén a de outras bibliotecas escolares de Galicia. Foi así que argallamos unhas lecturas divertidas e unha presentación da nosa biblio, falmos de cales son os momentos para ir ler, canto está aberta, cales son as súas normas, etc.  
No Valadouro , adiantámonos un día a esta celebración, por mor da excursión que farán mañán algúns grupos e así estar tod@s ó completo.
Resultou unha xuntanza moi amena, onde estivo o alumnado moi atento e os contadores/as de contos moi dinámicos i expresivos. "Non quero ser un polbo" e "A que sabe a lúa"  para Infantil  e os Kamishibai de "O gato sol" e " Hans e a princesa"para Primaria foron as lecturas que escollemos.
Destacar o traballo do alumnado de 5º e 6º  que tamén fixo un vídeo coas normas sobre como usar a bibioteca para sacarlle un maior proveito.












venres, 11 de outubro de 2019

FEIRA DO MEL NO VALADOURO

En Ferreira do Valadouro destacan as grandes producións de mel. unha actividade que lles resulta moi coñecido ao noso alumnado. O 12 de outubro celébrase a FEIRA DO MEL, a cal unha enmarca numerosa oferta cultural. Proba diso foi o concurso de debuxos para o cartel que anuncia dita feira, polo que o alumnado do noso colexio participou e tamén resultou premiado por cursos pola súa colaboración.
Este venres 11 fomos ver unha exposición informativa do Consello Regulador de Mel de Galicia, cal é o seu traballo e como se elabora o proceso de mel. Probamos o material, coñecemos clases de abellas, canto viaxan, o que traballan, que tipo de mel fan segundo a súa alimentación...

De regalo, levamos un tarro de mel, un globo e un tríptico ...e a parte,  tamén trouxemos os premios de cada curso, estes foron para (ver fotos).




PAKO PAKOLAS

O pasado venres 13 de setembro fomos  convidados polo Concello a unha actuación de Pako Pakolas.  
Na súa xira de promoción do libro Pakolas,  o autor Paco Cerdeira e a ilustradora Laura Romero viaxaron ata a casa da cultura do Valadouro para contar as aventuras deste libro. En todo momento puidemos cantar e ver unha debuxante en vivo que ía ilustrando as historias musicais do contacontos. 
Divertido de ler e por suposto, moi ameno para disfrutar en directo.

xoves, 10 de outubro de 2019

SAEN OS MALETÍNS VIAXEIROS

Este venres saen os maletíns viaxeiros con destino as vosas casas para acompañarvos durante unha semana e poder disfrutar do seu contido.
Tódolos venres sairá para unha casa diferente e terá que vir de volta o  xoves vindeiro, co cal estará unha semana convosco,
Dentro da maleta hai un listado co material, acompañado polo libro viaxeiro no cal podedes debuxar algo que vos chamase a atención.
Agardamos que disfrutedes da lectura e dita maleta vos sirva para entretervos arredor das palabras.