luns, 6 de abril de 2020

Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz.




O deporte ten o poder de cambiar o mundo e historicamente desempeñou un papel importante en todas as sociedades, xa sexa en forma de competicións deportivas, de actividade física sen máis ou mesmo de xogos. É un dereito fundamental e unha ferramenta poderosa para fortalecer os lazos sociais e promover o desenvolvemento sostible, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto.
Mesmo desde o confinamento nos nosos fogares, podemos unirnos e compartir formas creativas para mellorar a nosa saúde e benestar a través do deporte e a actividade física. Para celebrar o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, pedímosvos que vos manteñades activos, sans e solidarios nestes tempos de distanciamento físico e social. O espírito de equipo axudaranos a superar xuntos a incerteza e as dificultades actuais.

En situacións normais convidariámosche a realizar algunha actividade física ao aire libre ou participar dalgún maratón ou outra actividade relacionada co deporte, con todo, como debemos permanecer no fogar ata novo aviso, pola crise do coronavirus, convidámosche a realizar exercicios en casa, xa sexa aerobics, ioga ou outra actividade deportiva da túa preferencia, grava un vídeo e mándao oa blog ou deixa unha mensaxe sobre a importancia do deporte para a saúde e a paz.

bibliovaladouro@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario