xoves, 28 de xuño de 2018

Letras Galegas

O día de 16 de maio celebramos as nosas letras por todo o alto.
   A primeira hora da mañá visitounos a científica Angeles García_Boente Carro de "Tu y yo... educa" a cal fixo na biblioteca demostracións científicas adaptadas ás distintas idades do noso alumnado, divididos en tres grupos.


  Posteriormente deu comezo o festival das letras.
 Cada clase con motivo deste día, preparou un poema ou fragmento dunha obra da autora homenaxeada María Victoria Moreno, e representárono ao resto dos compañeiros.
 O festival foi amenizado cunhas cancións preparadas polo mestre de música do centro xunto
co alumnado.



para rematar desfrutamos dun concerto a cargo de Silvia Penide e César de Centi " A viaxe da palabra que non era valente"·.