domingo, 10 de marzo de 2019

Día da muller traballadora


Contar coa colaboración dun artista como Pepe Blanco é unha sorte.
Nesta ocasión con motivo da muller traballadora tivemos un taller de deseño de carteis.



Trala clase maxistral decidimos lanzarnos ao deseño dos nosos carteis en pro da igualdade.
Dende as aulas de infantil impulsou se un mural moi especial, AS MULLERES DA MIÑA VIDA
 A parte, exploramos e investigamos sobre a vida de varias mulleres galegas relevantes dos nosos días, o tendal encheuse de loitadoras.