xoves, 6 de xuño de 2019

Despedímonos da nosa biblioteca e dos nosos colaboradores

Entrega de diplomas
 

Exposición de libros das maletas viaxeiras feitos por alumnado e familias
Este ano a biblioteca non sería a mesma sen eles e falo dos colaboradores que ao longo de todo o curso nós axudaron ao empréstito de libros, devolucións e incluso no  deseño de actividades.
O mes de xuño dedícase sobre todo a ir recollendo a biblioteca, as maletas viaxeiras e resto de material polo que non se fan préstamos por este motivo fixemos unha clausura previa á súa marcha de excursión fin de curso a Madrid.
Grazas e sorte aos nosos alumnos/as de sexto que colaboraron todos voluntariamente na biblioteca. E  aos de quinto... Que Lles imos dicir se non que os esperamos o ano que vén!