mércores, 30 de setembro de 2020

ESTAMOS DE VOLTA

Aínda que estamos a piques de comezar outubro a nosa biblioteca non está aínda debidamente acondicionada dacordo á situación que estamos vivindo debido á pandemia mundial aínda que sí xa temos elaborado o pertinente protocolo para poder acceder á mesma.

 AQUÍ VOS DEIXAMOS AS PRINCIPAIS IDEAS DESTE PROTOCOLO

 -O aforo da biblioteca do CEIP Santa María do Valadouro debido ás reducidas dimensións da mesma será de oito persoas sen contar o profesro de garda en cumpriimento á normativa de seguridade do protocolo establecido.

 - Abrirá en horario lectivo durante os recreos de tarde os luns, mércores e venres tendo cada curso un día asignado dúas veces ao mes. 

Primeira e terceira semana de mes: luns primeiro, mércores segundo venres terceiro de primaria Segunda e cuarta semana de mes: luns cuarto mércores quinto venres sexto. 

 - O alumnado de Infantil accederá co seu titor á biblioteca no horario asignado para tal fin como viña sendo habitual en anos anteriores.

 - O alumnado accederá á biblioteca pola única porta existente gardando en todo momento a distancia de seguiridade empregando a máscara en todo momento. Tan pronto accedan farán uso do hidroxel situadO á man esquerda

 - O alumnado poderá acceder á biblioteca fora do horario establecido nos recreos de tarde en compaña do seu profesor titor na hora asignada para o seu curso gardando en todo momento as distancias de seguridade. 

 

 - Os lugares asignados para sentar estarán debidamente identificados. - cando un alumno acceda á biblioteca daráselle un adhesivo de cor para que o deixe pegado no lugar que ocupou co fin de proceder á posterior desinfección.

PRÉSTAMO DE LIBROS: Existirá un libro de préstamos por titoría cos números de carne dos alumnos no cal o titor anotará o número de rexistro do libro que o alumno levará emprestado. Posteriormente os encargados de biblioteca procederán a efectuar o préstamo no programa. Tralo acceso á biblioteca de cada grupo as fiestras deben permanecer abertas antes de que entre outro grupo. As titoras de infantil farán unha selección de libros para a súa aula que se irán emprestando ao longo do primeiro trimestre entre os nenos/ nenas da aula gardando as pertinentes corentenas antes de viaxar a outra casa.

 

 DEVOLUCIÓN: O alumnado depositará os libros emprestados nunha caixa situada na aula o día que o titor designe. Estes libros posteriormente serán depositados na biblioteca cunha anotación do día que foron entregados co fin de que garden a corentena correspondente. Tras pasar a pertinente corentena serán devoltos e colocados nos seus andeis polos responsables de biblioteca. 

 

OUTROS PRÉSTAMOS: Poderán tomar prestados libros na biblioteca aqueles nenos/as que o desexen pero para elo deben informar ao profesor de garda que libro desexan coller, non collerán eles os libros dos andeis. Cando rematen coa lectura, deixarán os libros depositados no carriño lector co fin de que garden a respectiva corentena no carro antes de volver aos andeis. 

 

 COLABORADORES: designaranse un total de oito colaboradores: dous de terceiro, dous de cuarto, dous de quinto e dous de sexto para que sirvan de difusores das actividades deseñadas dende o blog da biblioteca animando á participación Todas as actividades estarán debidamente explicadas no blog da biblioteca para que aqueles nenos que o desexen participen e que coñezan de primeira man toda a información. Os traballos serán enviados ben telemáticamente, entregados ao titor/a ou aproveitando os recreos asignados por curso (que se depositarán os traballos na bandexa destinada para a recollida destes traballos. Todos os traballos serán publicados na páxina da biblioteca así coma os gañadores/as no caso de realizárense concursos.

 

 NON SE PODERÁN USAR OS ORDENADORES DA BIBLIOTECA NON SE PODE FACER USO DO RECANTO MAKER DE FORMA AUTÓNOMA. O seu acceso será restrinxido de forma individual e en presenza do profesor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario