PROTOCOLO DE BIBLIOTECA
Este ano debido á crise sanitaria tivemos que facer varias adaptacións na nosa actividade docente e con elas o funcionamento da biblioteca vírase afectado.
Tiñamos previsto que os titores accederan co seu grupo de alumnos como se facía normalmente mais o aforo da biblioteca veuse reducido a nove persoas e os grupos grandes non poderían acceder ( de feito a penas poderían ir o grupo de tres anos, segundo de primaria e cuarto).
Polo que ante esta situación decidimos trasladar a biblioteca ás aulas facendo unha recompilación de lecturas adecuadas ao grupo de alumnos cun listado cos números dos carnets dos alumnos para levar un rexistro. Estas recompilacións irán renovándose periódicamente e incluindo novas lecturas.
Tamén tiñamos previsto abrir a biblioteca durante os recreos de tarde de xeito que cada curso tivera un día asignado. Mais o pasado día 16 de outubro aprobáronnos de forma transitoria a xornada continua de mañá. Abrir a biblioteca no recreo de maña resulta imposible xa que non temos persoal que se poida facer cargo da biblioteca (aumento de zonas de vixiancia, horarios de recreos diferentes en infantil e primaria e tres persoas con horario compartido con outros centros)
Polo que con toda a dor de corazón non poderemos abrir as nosas portas a pesares de ter todo preparado para o recibimento do alumnado.
A nosa actividade artellarase a través de propostas dende o blog da biblioteca sendo os profesores titores os que recollerán os traballos feitos polo alumnado para despois poder subir imaxes das actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario