luns, 29 de marzo de 2021

Ginkana de Pascua

 Xogando e como mellor o pasamos asi que decidimos rematar o trimestre facendo unha ginkana.

O alumnado de infantil tivo que superar 3 probas: construir unha torre con bloques, manter o equilibrio camiñando por unha corda e facer un puzzle.

Por outra banda, o alumnado de primaria tivo que superar un total de 7 probas: bailar, o teléfono estropeado, facer un puzzle, o xogo dos balóns, salto á corda, adiviñar sons e adiviñar profesións a través da mimica. 

E... para rematar había unha sorpresa agardando! Un ovo de chocolate! 

 
































Ningún comentario:

Publicar un comentario